Viking (satélite)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Viking
TipoCientífico
OrganizaciónUGATU
Data de lanzamento22 de febreiro de 1986, 1:44 GMT[1][2][3]
Foguete portadorAriane 1[3][4]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Kourou[3][5]
Obxectivo da misiónEstudo da magnetosfera terrestre.[3][5]
NSSDC ID1986-019B
Masa535 kg[3]
Datos orbitais
Semieixo maior13 547 km[1]
Inclinación98,8 graos
Apoapse13 550,7 km[1]
Periapse803,0 km[1]

Viking foi o primeiro satélite artificial sueco. Foi lanzado mediante un foguete Ariane 1 desde o Centro Espacial de Kourou o 22 de febreiro de 1986.[2][3][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

A misión de Viking, xestionada pola Swedish Space Corporation (SSC), foi estudar a magnetosfera terrestre desde unha órbita moi elíptica. O satélite foi construído por SAAB Space xunto con Boeing como subcontratista. Tiña unha masa de 286 kg e estudou os procesos do plasma na magnetosfera e a ionosfera terrestres mediante a medición dos campos eléctrico e magnético, das partículas cargadas, das ondas na magnetosfera e mediante a fotografía das auroras polares. Os experimentos de a bordo foron colaboración de equipos de Suecia, Canadá, Dinamarca, Francia, Noruega, os Estados Unidos e Alemaña.[3][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "VIKING" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 4 June 1986 from the Permanent Mission of Sweden to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (86-4993e (E)). 11 de xuño de 1986: 4. Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (7 de xaneiro de 2022). "Viking Sweden" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "Viking" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2022). "Viking (Sweden)" (en inglés). Consultado o 22 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]