Vigo di Cadore
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País | Italia | ||||
| Rexión | Véneto | ||||
| Provincias | Provincia de Belluno | ||||
| Capital | Vigo di Cadore | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.349 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 70,07 km² | ||||
| Altitude | 947 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Martiño de Tours | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 32040 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 0435 | ||||
| Identificador ISTAT | 025065 | ||||
| Código catastral italiano | L890 | ||||
| Sitio web | comune.vigodicadore.bl.it | ||||
Vigo di Cadore, Vigo en lingua ladina,[1] é un concello italiano de 1 335 habitantes na provincia de Belluno no Véneto.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Como o Vigo galego e moitos outros semellantes, se non idénticos,[2] o topónimo deriva do latín vīcus "grupo de casas, aldea". Chamábase simplemente Vigo até o Regio Decreto do 23 de xaneiro de 1930, n. 74.[3]
Historia
[editar | editar a fonte]Símbolos
[editar | editar a fonte]O brasón municipal está dividido en dúas partes: na superior, aparece un piñeiro silvestre entre dúas torres de pedra sobre un fondo verde. Na parte inferior, unha pluma e unha espada simbolizan os ilustres da ciencia e literatura naturais do lugar e unha batalla histórica contra os austríacos ocorrida na Terceira Guerra de Independencia en 1866.[4]
Monumentos e lugares de interese
[editar | editar a fonte]A igrexa de Sant'Orsola conserva frescos do século XIV e alberga unha reliquia da santa desde 2008. A igrexa foi construída no mesmo século por Ainardo da Vigo. Outros lugares de interese son a igrexa da Madonna della Difesa, erixida en 1512, e a igrexa parroquial de San Martino Vescovo de 1559, que conta con obras de artistas de renome e un órgano histórico. Vigo conta con tradición educativa desde o século XIII, e a súa Biblioteca Histórica Cadorina alberga valiosos manuscritos. Na área de Laggio, destaca a igrexa de Santa Margherita, con frescos bizantinos. Ademais, Vigo acolle o Palio di San Martino, un evento anual con vestimenta medieval.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vigo e Laggio
- Vigo e Laggio vistos desde Schiavon
- Monte Tudajo
- A igrexa da Madonna della Difesa construída en 1512
- O campanario e parte da igrexa parroquial
- A Casera di Razzo, preto do paso do mesmo nome
- Igrexa de Sant'Orsola, construída no século XIV
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Aínda que Vigo di Cadore non é un lugar actualmente de fala ladina, si que o son localidades veciñas da contorna, de cinco vales dos Dolomitas.
- ↑ Vigo di Fassa é outra localidade veciña de fala ladina.
- ↑ Dizionario Di Toponomastica: Storia E Significato Dei Nomi Geografici Italiani. Garzanti. 1990.
- ↑ "Statuto di Vigo-di-Cadore" (PDF).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vigo di Cadore |
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
