Vigairía apostólica católica latina de Arabia setentrional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vigairía apostólica de Arabia setentrional
Vicariatus Apostolicus Arabiae Septentrionalis
Logo
Datos xerais
Erixida29 de xuño de 1953
LocalizaciónKuwait, Qatar, Bahrain e Arabia Saudita
Información
RitosRomano
Xerarquía
PapaFrancisco
Vigairo apostólico(sé vacante)
Outros datos
Páxina webwww.avona.org

A Vigairía apostólica de Arabia setentrional (en latín: Vicariatus Apostolicus Arabiæ Settentrionale; en árabe: القاصد الرسولي في شمال المملكة العربية) é unha vigairía apostólica católica con sé en Kuwait, inmediatamente suxeita á Santa Sé. Actualmente a sé está vacante.

Historia[editar | editar a fonte]

A prefectura apostólica de Kuwait foi erixida o 29 de xuño de 1953 coa bula Quemadmodum dispensator do papa Pío XII, en territorios da vigairía apostólica de Arabia.[1] O 2 de decembro de 1954 a prefectura apostólica foi elevada a vigairía apostólica coa bula Quandoquidem Christi do mesmo papa Pío XII.

O 27 de xaneiro de 1957 foi colocada a primeira pedra da catedral, que foi consagrada o 16 de marzo de 1961. En 1973 foi fundada unha parroquia de rito bizantino.

O 31 de maio de 2011 a vigairía apostólica estendeu a súa xurisdición sobre Arabia Saudita, Qatar e Bahrain, anteriormente baixo a vigairía de Arabia, e cambiou a súa denominación pola actual co decreto Bonum animarum da Congregación para a Evanxelización dos Pobos.

Territorio[editar | editar a fonte]

A vigaría estende a súa xurisdición sobre todos os fieis católicos de Kuwait, Arabia Saudita, Qatar e Bahrain. A xurisdición sobre Arabia Saudita é tan só formal, xa que no país non permítese cultos dunha relixión distinta á musulmá.

Malia ser unha xurisdición latina, a vigairía ten xurisdición tamén sobre os fieis doutras igrexas particulares, coa excepción dos exarcados patriarcais para os greco-melquitas e os siríacos no territorio de Kuwait. Os fieis dependentes da vigairía constitúen arredor dun 20%.[2] Porén, o bispo ten a obriga de que os fieis doutros ritos poidan practicar e observar as normas que lles son propias.

A sé da vigairía é a cidade de Kuwait, onde está a Catedral da Sagrada Familia no Deserto. O territorio está dividido en 7 parroquias: catro en Kuwait, dúas en Bahrain e unha en Qatar.

Liturxia[editar | editar a fonte]

Nos catro países sobre os que a vigairía estende a súa xurisdición, a fin de semana é o venres e o sábado, polo que nela pódese cumprir o precepto dominical dende o venres pola tarde,[3] aínda que recoméndase ir o domingo.[4]

Como festa propia destaca a solemnidade da Nosa Señora de Arabia, patroa da vigairía, que celébrase o segundo domingo de tempo ordinario.

Episcopoloxio[editar | editar a fonte]

Notas e referencias[editar | editar a fonte]

  1. Constitución apostólica Quemadmodum dispensator do 29 de xuño de 1953, publicada nas Acta Apostolicae Sedis (AAS), vol. XLV (1953), n° 17 (28 de decembro de 1953), pp. 835-836
  2. About the Apostolic Vicariate of Northern Arabia, (en inglés)
  3. Feast Days & Days of Obligation in our Vicariate, (en inglés).
  4. Sunday - The Lord's Day (DIES DOMINI) Arquivado 08 de maio de 2014 en Wayback Machine., carta pastoral do Vigario Apostólico Camillo Ballin aos católicos de Kuwait, (en inglés).