Victorio Fernández Lascoiti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictorio Fernández Lascoiti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1810 Editar o valor em Wikidata
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Morte26 de maio de 1878 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Fernández Victorio Lascoiti (tamén escrito Lazcoiti) y Fourquet nado en Oviedo, o 27 de outubro de 1810 e finado en Madrid, o 26 de maio de 1878,[1] foi un político español, ministro durante o reinado de Isabel II de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ingresou na Tesourería en 1830 como o escribano de planta da Contaduría de Rentas do Partido de Alcalá de Henares, unha verdadeira incubadora de varios ministros do período isabelino. En 1835 ascende a oficial de terceira e permaneceu no mesmo destino até 1837 en que pasa a Administración especial de Aduanas de Madrid. Posteriormente, en 1840, foi nomeado secretario da Comisaría de Rendas de Santander en 1840, e pasou despois á de Valladolid. De seguido, e sucesivamente, foi subsecretario de Facenda, presidente do Tribunal de Contas e, en abril de 1866, gobernador do Banco de España até xullo do mesmo ano.[2]

Tamén foi dúas veces ministro de Finanzas. A primeira, en outubro de 1857 (durante 10 días, como ministro interino: do 15 ao 25)[1], o primeiro, ano en que foi elixido deputado na circunscrición de Burgos polo distrito de Medina de Pomar[1] ; e a segunda, entre o 13 de outubro de 1863 e o 17 de xaneiro de 1864, no goberno de Manuel Pando Fernández de Pinedo. Na súa carreira parlamentaria figura como senador vitalicio entre 1863 e 1868[3], ao remate da súa carreira.

Casou con Jacinta Sancha y Herrera, nativa de Lerma. Foi condecorado coa Cruz de Comendador de Número da Orde de Carlos III.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ficha no Congreso dos Deputados". Congreso.es. Arquivado dende o orixinal o 03-08-2017. Consultado o 02-08-2017. 
  2. "Gobernadores do Banco de España". Banco de España. Consultado o 02-08-2017. 
  3. "Ficha biográfica do Senado". Senado.es. Consultado o 02-08-2017. 
  4. "Ministros de Facenda" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de agosto de 2017. Consultado o 02 de agosto de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]