Victorina Durán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictorina Durán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Victorina Durán Cebrián Editar o valor em Wikidata
12 de novembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte10 de decembro de 1993 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMadrid
París
Buenos Aires Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando (1917–1926)
Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (1913–1916) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiseñador de vestuario , deseñadora , pintora , autobiógrafa Editar o valor em Wikidata
EmpregadorNati Mistral (década de 1960–)
Margarida Xirgu (1937–)
Real Conservatorio Superior de Música de Madrid (1929–1937)
Irene López Heredia (pt) Traducir
Federico García Lorca Editar o valor em Wikidata
Membro de
MovementoSurrealismo e feminismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
LealdadeSegunda República Española Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1132200 Editar o valor em Wikidata

Victorina Durán Cebrián, nada en Madrid o 12 de decembro de 1899 e finada na mesma cidade o 10 de decembro de 1993, foi unha escenógrafa e deseñadora de vestiario española, profesora de Vestiario e Escenografía no Conservatorio Nacional e pintora de vangarda asociada ao surrealismo nos anos 20 e 30. Despois do seu exilio na Arxentina foi directora do Teatro Colón de Bos Aires.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nada no seo dunha familia burguesa, tradicionalista e culta (propietaria do abono número 1 do Teatro Real), era filla dunha bailarina deste teatro e dun militar profesional. Cando a súa familia rexeitou o seu desexo de ser actriz, ela consolouse estudando debuxo e pintura. Isto levaríaa a coñecer e intimar con persoeiros como Salvador Dalí, Remedios Varo, Maruxa Mallo ou Rosa Chacel. Estudou na Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid entre 1917 e 1926. En 1929 gañou a cátedra de Vestiario e Arte Escénico, a primeira muller en conseguir este posto en España.

Antes de aceptar este cargo, Victorina destacou como artista de batik. Esta técnica de estampaxe téxtil, orixinaria da illa de Xava, consiste en pintar tecidos aplicando varias capas de cera e tintura. Obtivo importantes premios a nivel nacional e internacional e foi parte da delegación española na Grande Exposición de Artes Decorativas de París en 1925.[3] Un ano despois formou parte do grupo de mulleres intelectuais e artistas reunidas por María de Maeztu para fundar o Lyceum Club Femenino de Madrid. Ese contexto foi fundamental no desenvolvemento do Círculo Sáfico de Madrid.[4][5]

Amais, traballou con Rivas Cherif na creación do TEA (Teatro Escuela de Arte) de Madrid e realizou vestiario e decorados para as compañías de Margarida Xirgu, Federico García Lorca e Irene López Heredia. Tamén creou escenarios e decoracións para varias películas españolas da época.[6][7]

Como decoradora e escenógrafa na España dos anos 30, Victorina liberouse do "arqueoloxismo da escola naturalista" e crea unha innovadora mestura de "vangarda e costumismo". Escribiu sobre as súas ideas estéticas unha serie de artigos nos xornais La Voz e La Libertad entre 1935 e 1936 baixo o título Escenografía y vestuario.

Tras estalar a Guerra Civil Española, en 1937 acompañou a Margarida Xirgu ao seu exilio americano e residiu na Arxentina. Neste país exerceu de xeito simultáneo de directora artística dos teatros Colón e Cervantes. En colaboración con Susana Aquino, inspirou a creación de La Cuarta Carabela, Agrupación Hispánica de Siete Artes e o Grupo Teatro Indígena, e traballou elaborando figurinos de vestiario coa coreógrafa Mercedes Quintana.[8]

Como pintora expuxo, entre outros países, no Uruguai, o Brasil, Chile, Alemaña e Francia.[9]

Rompeu o seu exilio en 1949 para colaborar con Dalí na obra Don Juan Tenorio, dirixida por Luis Escobar Kirkpatrick no Teatro Nacional de España. Dende entón, viaxou con frecuencia a Europa, especialmente a París e Madrid. Na década de 1980 instalouse definitivamente na capital española.[10]

Morreu en Madrid aos 93 anos. No seu epitafio aparece a seguinte lenda: «No sé si habré dejado de amar por haber muerto o habré muerto por haber dejado de amar». Nas súas memorias expresou a súa «apasionada militancia en el lesbianismo en el contexto de una España rancia e intolerante».[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Huerta Calvo, Javier; Peral Vega, Emilio; Urzáiz, Héctor (18 de outubro de 2005). Teatro español (de la A a la Z) (en castelán). Pozuelo de Alarcón: Espasa. ISBN 9788467019698. 
  2. "Esquelas". ABC. 14 de decembro de 1993. p. 104. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  3. "Desconocidas & Fascinantes: Victorina Durán, una vida entre bastidores por Carrie Romero". Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  4. Carretón Cano, Vicente (2000). Diputación de Málaga, ed. "Victorina Durán y el círculo sáfico de Madrid. Semblanza de una escenografía del 27". El Maquinista de la generación (9): 4–20. ISSN 1577-340X. 
  5. Fernández, June (6 de decembro de 2007). "Entrevista a Angie Simonis: "Tener referentes serios de lesbianas elimina estereotipos"". El País (en castelán). 
  6. Huerta Calvo, Javier; Peral Vega, Emilio; Urzáiz, Héctor (18 de outubro de 2005). Teatro español (de la A a la Z) (en castelán). Pozuelo de Alarcón: Espasa. ISBN 9788467019698. 
  7. "Esquelas". ABC. 14 de decembro de 1993. p. 104. Consultado o 11 de agosto de 2022. 
  8. "Rueda de Fuego de Roberto Levillier". Alternativa. Comunidad en escena (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  9. "Victorina Durán". Concha Mayordomo (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  10. "Victorina Durán". Concha Mayordomo (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 
  11. "Victorina Durán". Concha Mayordomo (en castelán). Consultado o 13 de agosto de 2022. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]