Victoria Donda
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1977 Escola de Mecánica da Armada (CCD) |
| Deputada da Arxentina | |
| 10 de decembro de 2015 – 9 de decembro de 2019 Circunscrición electoral: Buenos Aires | |
| Deputada da Arxentina | |
| 10 de decembro de 2011 – 9 de decembro de 2015 Circunscrición electoral: Buenos Aires | |
| Deputada da Arxentina | |
| 10 de decembro de 2007 – 9 de decembro de 2011 Circunscrición electoral: Buenos Aires | |
| Datos persoais | |
| Relixión | Agnosticismo |
| Educación | Universidade de Buenos Aires |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Buenos Aires |
| Ocupación | avogada, activista polos dereitos humanos, política |
| Empregador | Instituto Nacional contra a Discriminación, a Xenofobia e o Racismo |
| Partido político | Somos (2018–) Movemento Libres do Sur (–2018) |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Pais | Jose Maria Laureano Donda |
| Irmáns | Eva Donda |
| Cronoloxía | |
| 1977 | Roubo de bebés na ditadura arxentina |
| 1977 | adopción |
| Sitio web | victoriadonda.com.ar |
Victoria Donda Pérez, nada en Bos Aires en agosto de 1977, é unha activista de dereitos humanos arxentina elixida en 2007 como deputada nacional polo Frente para la Victoria. É a primeira filla de desaparecidos nacidos en cativerio e recuperados que é elixida como representante.
Biografía
[editar | editar a fonte]O seu secuestro
[editar | editar a fonte]Victoria Donda naceu en agosto de 1977 na ESMA de Bos Aires, onde estaba cativerio a súa nai, María Hilda Pérez de Donda, logo de ser secuestrada polas Forzas Armadas no Gran Bos Aires durante a ditadura autodenominada Proceso de Reorganización Nacional. A nena foi chamada Victoria pola súa nai, quen lle perforou os lóbulos pasándolle unha cinta azul, na esperanza de que fose recoñecida. O seu pai, José María Laureano Donda, tamén foi secuestrado e ambos permanecen desaparecidos. A parella tiña outra filla máis vella, que quedou un ano coa avoa materna, Leontina Pérez, unha das doce mulleres fundadoras da Asociación Avoas de Praza de Maio.
Logo de que a súa nai fose asasinada clandestinamente, a nena foi apropiada por un dos militares que actuaban no centro clandestino de detención, quen a criou simulando que el e a súa esposa eran os seus verdadeiros pais.
O caso da nena é especialmente atroz, porque o seu tío, o tenente de navío Adolfo Miguel Donda Tigel (irmán do seu pai), foi un dos xefes represores da ESMA e partícipe no secuestro, tortura e asasinato dos seus pais e da súa posterior apropiación e subtracción de identidade, así como do da súa irmá Daniela, quen foi criada como filla do seu tío.
Recuperación da identidade
[editar | editar a fonte]En 2003, cando contaba con 26 anos, Victoria Donda, dubidando da súa identidade comunicouse coa agrupación H.I.J.O.S. e as Avoas de Praza de Maio. Con todo, aínda sabendo que era filla dunha muller desaparecida na ESMA, durante un tempo tivo reticencias en realizarse os estudos de ADN e descubrir a totalidade da súa historia atroz. O 24 de marzo de 2004 cando a ESMA foi recuperada para establecer un centro de memoria, Victoria Donda estivo alí:
Me di cuenta que sabía que había nacido ahí, pero que no estaba segura de quién era hija. Fue emocionante, pero a la vez fue triste. Pensaba: ‘Esta mina tuvo tantos ovarios para quedar embarazada, seguir peleando por la misma sociedad por la que peleo yo, bancarse la tortura para que yo pueda nacer y yo soy una cagona que ni siquiera puedo ir a sacarme un poco de sangre’. Sentí que no era digna de los padres que había tenido.[1]
Unha semana despois fíxose o estudo xenético que estableceu a súa verdadeira identidade. Tratouse da primeira "irmá" recuperada por H.I.J.O.S. e a neta Nº 78 atopada polas Avoas. Pouco despois o apropiador foi detido e atópase sendo procesado, xunto a Alfredo Astiz e outros acusados, por 62 crimes contra a humanidade.
Activismo polos dereitos humanos
[editar | editar a fonte]Desde antes de coñecer a súa identidade Victoria Donda comezou a actuar destacadamente no movemento de dereitos humanos e do Movimiento Libres del Sur. Traballou primeiro no comedor comunitario "Azucena Villaflor", nome da fundadora de Nais de Praza de Maio.
Concelleira de Avellaneda e deputada nacional
[editar | editar a fonte]En 2006 Victoria Donda foi elixida concelleira na Municipalidade de Avellaneda.
En 2007 foi elixida deputada nacional polo Frente para la Victoria, comezando o seu mandato o 10 de decembro de 2007.
"Familia de sangre" (documental)
[editar | editar a fonte]O documental Familia de sangre, dos cineastas Gustavo Bobbio e Daniel Ortiz, relata a historia de Victoria Donda.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Victoria Donda Pérez, por Victoria Guinzberg, COMCOSUR". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2008. Consultado o 12 de novembro de 2007.
- ↑ "La historia de Victoria Donda, por Martín Piqué, Páxina/12, 2006". Arquivado dende o orixinal o 08/11/2007. Consultado o 12/11/2007.