Victor Willems

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Victor Willems
1912 Belgian épée team.JPG
Nacemento19 de febreiro de 1877
Falecemento1918
NacionalidadeBélxica
Ocupaciónesgrimista
editar datos en Wikidata ]

Victor Willems, nado o 19 de febreiro de 1877 e finado en 1918, foi un tirador de esgrima belga, gañador de dúas medallas olímpicas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Participou nos Xogos Olímpicos de 1908 co equipo belga de espada, quedando terceiro tras Francia e Gran Bretaña, logrando a medalla de bronce. Nos Xogos Olímpicos de 1912 competindo de novo en espada por equipos foi medalla de ouro.