Viktor Pelevin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Victor Pelevin")
Viktor Pelevin

Datos persoais
Nacemento 22 de novembro de 1962 (52 anos)
Lugar (Moscova)
Falecemento
Lugar
Soterrado {{{soterrado}}}
Soterrada {{{soterrada}}}
Residencia {{{residencia}}}
Nacionalidade {{{nacionalidade}}}
Cónxuxe
Fillos
Relixión
Actividade
Lingua {{{lingua}}}
Lingua ruso
Período {{{período}}}
Debut {{{debut}}}
Movemento {{{movemento}}}
Xéneros
Princ. obras {{{obras}}}
Influencias {{{influencias}}}
Alma mater {{{alma_mater}}}
Estudos
Ocupación {{{ocupación}}}
Profesión {{{profesión}}}
Organización {{{organización}}}
Cargos {{{cargos}}}
Premios
[[Ficheiro:|centro|]]
{{{web}}}

{{{notas}}}

Viktor Olegovich Pelevin (en ruso: Виктор Олегович Пелевин) nado o 22 de novembro de 1962 en Moscova, é un escritor ruso contemporáneo, algúns críticos literarios refírense ó conxunto da súa obra como o movemento literario Nova Sinceridade debido ás sátiras culturais e textos con varios niveis de entendemento.

Biografía[editar | editar a fonte]

Seus pais eran unha mestra de inglés e un profesor da Universidade de Bauman, graduouse en 1985 coma enxeñeiro electromecánico polo Instituto de Enerxía de Moscú (MPEI) traballando como tal no departamento de transporte do citado instituto.

Fixo o servizo militar obrigatorio no exército do Aire, tentando logo obter o graduado no MPEI ata 1989, ano no que asistiu a un taller creativo do escritor Mikhail Lobanov no instituto literario Maxim Gorki, alí fixo amizade con Albert Egazarov e Victor Kulle. Aínda que foi expulsado do Instituto Literario en 1991 fundou cos seus amigos unha editorial (primeiro chamada O día e logo O corvo e o mito) editando nela tres volumes de Carlos Castaneda. Compaxinou este traballo co de reporteiro entre 1989-1990 para as revistas Cara a cara e Nakura i Religiya (Natureza e relixión) a raíz do cal entra en contacto co misticismo oriental, nesta última publicou por vez primeira Ignat o feiticiero e o pobo en 1989.

En 1992 publicou a colección de contos A lanterna azul, así como a súa primeira novela Omon Ra na revista Znamya, na cal tamén publicaría en 1993 A vida dos insectos recibindo nese mesmo ano o premio ruso Booker. Non obstante recibiu críticas negativas, ás que contestou co ensaio John Fowles a a traxedia do liberalismo ruso, ao ano seguinte recibiu os premios Interpresscon e o caracol de bronce. Nestas datas é cando consegue fama internacional, ficando como nominado ao premio IMPAc de Dublín e ao Premio Richard Schoenfeld en Alemaña, chegando a ser un dos intelectuais mais influíntes de Rusia a pesares de que non se prodigue na prensa (o que fixo xurdir varios rumores acerca da súa non existencia, ou de que se fora un ordenador...). É un dos poucos escritores con certo recoñecemento que permitiu que as súas obras se publicasen en internet sen copyright.

Obras[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Omon Ra / Омон Ра (1992)
  • A vida dos insectos / Жизнь насекомых (1993)
  • O memiño de Buda (aka Clay Machine-Gun) / Чапаев и Пустота (Chapayev e o baleiro]) (1996)
  • Babilonia (en rusia Xeración P, Homo Zapiens) / Generation "П" (1999)
  • Números (como parte do libro DTP(NN) - A dialéctida do período de transición (De ningún sitio a nada)) / Числа (часть книги ДПП(NN) - Диалектика Переходного Периода (из Ниоткуда в Никуда)) (2004)
  • O libro sacro do lobishome / Священная Книга Оборотня (2004)
  • O casco do horror / Шлем ужаса (2005)
  • Imperio V / Ампир В (2006)(o texto foi roubado das editoriais e publicado ilegalmente en internet).
  • T (2009)
  • S.N.U.F.F. (2011)
  • Batman Apolo (2013)

Ensaios e relator curtos[editar | editar a fonte]

  • O eremita e seisdedos / Затворник и Шестипалый (1990)
  • Lanterna azul e outras historias (1991)
  • Zombificaсión / Зомбификация
  • O príncipe da planificaciñon estatal / Принц Госплана (1992)
  • A frecha amarela / Желтая стрела (1993)
  • O problemas dun lobishome en Rusia Central (The Werewolf Problem in Central Russia / Проблема верволка в средней полосе
  • O día do bulldozerista (Bulldozer Driver’s Day / День бульдозериста),
  • 4 por Pelevin' (2001)
  • P5: cancións de despedida dos pigmeos políticos de Pindostan / П5: прощальные песни политических пигмеев Пиндостана (2008)
  • Auga de piña pra bela señora / Ананасная вода для прекрасной дамы (2010)