Victor Loche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictor Loche
Nome orixinalVictor Jean-François Loche
Biografía
Nacemento29 de marzo de 1806 Editar o valor em Wikidata
Mandres, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xuño de 1863 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Annaba, Alxeria Editar o valor em Wikidata
Causa da mortefebre
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónnaturalista , militar , zoólogo , ornitólogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaLoche Editar o valor em Wikidata
Premios


Victor Jean-François Loche, nado en Mandres (Eure, Normandía) en 1806 e finado en Bona (hoxe Annaba, Alxeria) en 1863, foi un comandante do exército e naturalista francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Felis margarita, especie de gato descrita por Loche.

Loche participou na Misión de exploración científica de Alxeria organizada polo goberno francés, que dirixiu desde 1853. En 1858 publicou o Catalogue des mammifères et des oiseaux observés en Algérie, no que describiu 357 especies de aves e o gato das areas ou do deserto (Felis margarita).

Foi director da exposición permanente no Museo de Historia Natural de Alxeria e do Xardín Zoolóxico de Alxeria.

Morreu de febre en Bona.

Algunhas publicacións[editar | editar a fonte]

  • Victor-Jean-François Loche (Capitaine), Catalogue des mammifères et des oiseaux observés en Algérie, París, A. Bertrand, 1858, XI-158 p.

Publicacións póstumas:

  • Loche (Commandant), Histoire naturelle des mammifères de l'Algérie: exploration scientifique de l'Algérie pendant les années 1840, 1841, 1842, París, A. Bertrand, 1867, 123 p., 7 pl.
  • Loche (Commandant), Histoire naturelle des oiseaux de l'Algérie; exploration scientifique de l'Algérie pendant les années 1840, 1841, 1842, París, A. Bertrand, 1867, (2 vol.) 309-444 p., 13 pl.

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Loche emprégase para recoecer a Victor Loche como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Boubier, Maurice (1925): L’Évolution de l’ornithologie. Nouvelle collection scientifique. París: Alcan.
  • Mearns, Barbara & Richard Mearns (1988): Biographies for Birdwatchers. The Lives of Those Commemorated in Western Palearctic Bird Names. San Diego / Londres: Academic Press. ISBN 978-0-1248-7422-0.