Victor Francis Hess
Nome orixinal | (de) Victor Franz Hess |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de xuño de 1883 Schloss Waldstein (Imperio Austrohúngaro) |
Morte | 17 de decembro de 1964 (81 anos) Mount Vernon, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | Universidade de Graz |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, catedrático, investigador |
Empregador | Universidade de Viena Universidade de Graz Universidade de Innsbruck Universidade Fordham (pt) |
Partido político | Frente Patriótica (pt) |
Membro de | |
Obra | |
Arquivos en |
|
Familia | |
Cónxuxe | Marie Bertha Warner Breisky (1920–1955) Elizabeth M. Hoenke |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Гесс Виктор Франц) Obálky knih, Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) |
Victor Franz Hess, nado en Waldstein o 24 de xuño de 1883 e finado en Nova York o 17 de decembro de 1964, foi un físico austríaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Victor Franz Hess naceu no Castelo Waldstein, preto de Peggau, en Estiria, Austria. O seu pai, Vinzens Hess, era capataz do servizo do príncipe de Öttingen-Wallerstein. Estudou no Gymnasium de Graz (1893-1901) e os seus estudos superiores realizounos na Universidade de Graz (1901-1905), onde tamén se graduou como doutor en 1910.
Iniciou a súa andaina profesional cunha estancia no Instituto Físico de Viena, onde o profesor Egon Schweidler introduciuno no campo da radioactividade. Durante a década de 1910 foi axudante de Stephan Meyer no Instituto de Investigación do Radio, da Academia Vienesa de Ciencias. No ano 1920, converteuse en Profesor Extraordinario de Física Experimental na Universidade de Graz. Hess obtivo entre 1921 e 1923 un permiso para traballar nos Estados Unidos, onde se afianzou como director do laboratorio de investigación (creado por el mesmo) da Corporación de Radio estadounidense, en Orange (Nova Jersey), e como físico consultor para o Departamento de Asuntos Interiores estadounidense (Oficina de Minas), en Washington, D.C.. En 1923 volveu á Universidade de Graz e en 1925 foi designado profesor ordinario de física experimental, ata que en 1931 foi nomeado profesor na Universidade de Innsbruck e director do Instituto de Radioloxía, recentemente fundado. Hess inaugurou a estación para observar e estudar raios cósmicos na montaña Hafelekar, preto de Innsbruck. En 1938 trasladouse aos Estados Unidos onde foi profesor de Física na Universidade de Fordham, obtendo a nacionalidade estadounidense en 1944; viviu en Nova York ata a súa morte.
Investigacións científicas
[editar | editar a fonte]Durante a súa estancia en Innsbruck, dirixiu o Instituto de Investigacións da Radiación e en 1931 creou un observatorio de raios cósmicos no Hafelekar, nos Alpes tiroleses. Das súas observacións, introducindo aparellos de medida en globos sonda, deduciu que a intensidade dos raios cósmicos aumenta coa altitude, que o seu número varía coa latitude e que son un 1,5% máis intensos durante o día que pola noite. Tamén estudou a radioactividade terrestre, así como a condutividade eléctrica e o equilibrio de ionización da atmosfera. Froito destes traballos, en 1936 foille outorgado o Premio Nobel de Física, compartido con Carl David Anderson.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía no Instituto Nobel (en inglés)