Victòria Sau i Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVictòria Sau i Sánchez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Victoria Sau y Sánchez Editar o valor em Wikidata
1 de abril de 1930 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte6 de novembro de 2013 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaSoria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , profesora , psicóloga , escritora de literatura infantil Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1960 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorUniversidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioVicky Lorca
Victoria Sau
V. Sau Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Premios

Victòria Sau i Sánchez, nada en Barcelona o 1 de abril de 1930 e finada en Barcelona o 6 de novembro de 2013,[1] foi unha escritora, psicóloga e activista política feminista catalá, tamén coñecida por escribir novelas baixo o pseudónimo de Vicky Lorca. Era licenciada en Historia Contemporánea e doutora en Psicoloxía pola Universidade de Barcelona.[2] Foi profesora de Psicoloxía Diferencial da Sección de Psicoloxía da facultade de Filosofía e Ciencias da Educación desa universidade, e exerceu como psicóloga. Foi mentora do 1º Congreso de Mulleres, Barcelona (1999)[3][4] e  membro do Consello da Cidade, nomeada polo Consello de Mulleres e vicepresidenta do Consello de Mulleres de Barcelona.

Foi unha das figuras máis importantes do feminismo en Cataluña, pensadora lúcida e de referencia.[5] As súas contribucións sobre a división sexual do traballo, a maternidade, o ciclo menstrual, o patriarcado e a guerra foron moi importantes. Dedicou a súa actividade a cuestionar as bases do sistema patriarcal e a crear fundamentos novos que sosteñan unha análise máis global e innovadora. Creou o concepto de "feminismo científico" e promoveu en 2009 a solicitude a través do Consello de Mulleres do Concello da cidade de Barcelona e o recoñecemento no ámbito mundial da existencia do patriarcado.

Ten unha ampla obra publicada, primeiro novelas románticas como Vicky Lorca e despois divulgativas, entre as que atopamos o Diccionario ideológico feminista (1981). Á súa faceta de escritora, docente e investigadora, engádese a de conferenciante e docente cunha linguaxe directa, sinxela e brillante.

Morreu en 2013 e quixo que a enterrasen, co seu marido, en Soria, lugar onde pasou os veráns desde os anos oitenta.

Obras[editar | editar a fonte]

Como Vicky Lorca[editar | editar a fonte]

Novelas románticas[editar | editar a fonte]

  • Fin de semana en Verona (1955)
  • La cubana blanca (1955)
  • La pérfida señora Smain (1955)
  • El déspota (1956)
  • El divorcio (1956)
  • Esta no es mi esposa (1956)
  • La escarapela azul (1956)
  • La oscura vida de Abel Haward (1956)
  • Clima de angustia (1957)
  • El hombre de la buhardilla (1957)
  • Casa de huéspedes (1958)
  • El lío (1958)
  • La mala sombra (1958)
  • La mueca del payaso (1958)
  • Servicio de urgencia (1958)
  • Danza mortal (1959)
  • El refugio (1959)
  • La cupletista (1959)
  • La ventana encendida (1959)
  • Una sombra nos separa (1959)
  • Flor de abismo (1960)
  • Regresar del pasado (1960)
  • Un novio italiano (1960)
  • Alma llanera (1961)
  • La vida siempre flota (1961)
  • La gran mentira (1962)
  • Vivir dulcemente (1962)
  • El tren salió sin silbar (1963)
  • Tu ajuar de boda (1963)
  • Un misterio y un amor (1963)
  • Pasión en la carretera (1964)
  • Play-boy (1964)
  • La vida pega fuerte (1965)
  • El coraje de amar (1966)
  • Juicio dentro de casa (1966)
  • Nuestra paz (1980)

Como Victoria Sau[editar | editar a fonte]

Contos[editar | editar a fonte]

  • El secreto del emperador: adaptación de una leyenda yugoeslava (1966)
  • La duquesa resfriada: leyenda rusa (1966)
  • El baúl viajero (1973)
  • El globo (1973)

Primeiras obras divulgativas[editar | editar a fonte]

  • ABC de las ciencias ocultas (1964), Barcelona, Ed. Toray
  • ABC de las artes caseras: La decoración del hogar (1967), Barcelona, Ed. Toray
  • Aprenda a cocinar sin errores (1971), (1977), Barcelona, Ed. Aura
  • Historia antropológica de la canción (1972), Barcelona, Ed. Picazo
  • Sectas cristianas (1972), Barcelona, Ed. Aura
  • El catalán, un bandolerismo español (1973), Barcelona, Ed. Aura

Obras feminismo e psicoloxía[editar | editar a fonte]

  • Manifiesto para la liberación de la mujer (1974) Barcelona, Ed. 29 e (1975), Barcelona, Ed. Bruguera
  • La mujer, matrimonio y esclavitud (1976), Xixón, Ed. Júcar
  • La suegra (1976), Barcelona, Ed. 29
  • Mujeres lesbianas (1979), Bilbao, Ed. Zero
  • Diccionario ideológico feminista (1981), (2000) Barcelona, Ed. Icaria[6]
  • Ser mujer, el fin de una imagen tradicional (1986), Barcelona, Ed. Icaria
  • Aportaciones para una lógica del feminismo (1986), Barcelona, Ed. La Sal
  • Otras lecciones de psicología (coautora), (1993)
  • El vacío de la maternidad (1995), (1996), (2004), Barcelona, Ed. Icaria
  • Psicología diferencial del sexo y el género (coautora)(1996), (2004), Barcelona, Ed. Icaria
  • Defensa de la mujer (1997), (1998), (1999), Barcelona, Ed. Icaria
  • Reflexiones feministas para principios de siglo (2000)[7] Madrid, Ed. Horas y Horas.
  • Diccionario ideológico feminista II (2001), Barcelona, Ed. Icaria
  • Repercusiones psicológicas de la exclusión (2003), vol.34, núm.2, Universitat de Barcelona
  • Psicología y género (coautora) (2004), (2009), (2010), (2011) Madrid, Ed. Pearson Alhambra
  • Un pensament transgressor (2006), Barcelona, Ed. Icaria
  • Segundas reflexiones feministas para el siglo XXI (2008), Madrid, Ed. Horas y Horas
  • Paternidades (2010), Barcelona, Ed. Icaria

Distincións[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]