Vicente de la Mata (1944)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vicente de la Mata
Información persoal
Nome Vicente de la Mata
Nacemento 2 de xullo de 1944
Lugar de nacemento Rosario
Altura 188 centímetros
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1961–1970 Independiente 97 (8)
1970–1971 Necaxa
1971–1976 Veracruz
1976–1977 O'Higgins
1978–1979 Argentino de Quilmes
Selección nacional
1965–1966 Arxentina 6 (0)
Na rede
FIFA: 48302 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Vicente de la Mata, nado en Rosario o 2 de xullo de 1944, é un ex futbolista arxentino. Xogou a maior parte da súa carreira en Independiente e foi internacional coa selección arxentina, ao igual que o seu pai Vicente de la Mata.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Rosario, sendo fillo do histórico futbolista do Club Atlético Independiente, Vicente de la Mata e da súa muller, María Alida.[1] Ten ascendencia galega pois os seus avós paternos eran emigrantes galegos.[2]

Xogou nas categorías inferiores de Independiente ata subir ao primeiro equipo en 1961. Gañou tres títulos de Primeira División Arxentina en nove tempadas con Independiente. Tamén axudou a Independiente a gañar a Copa Libertadores dúas veces.

En 1970 saíu ao estranxeiro para xogar no Club Necaxa da Primeira División de México.[3] Xogou alí unha tempada fichando logo polo Deportivo Veracruz, onde militou durante cinco campañas. Cara ao final da súa carreira pasou por Chile, volvendo logo á Arxentina onde xogou unha derradeira tempada na Primeira B Metropolitana con Argentino de Quilmes.

Foi seis veces internacional coa selección arxentina, coa que disputou a fase de clasificación para o Mundial de 1966.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estévez, Martín (28 de setembro de 2014). "De la Mata: mil gambetas y un golazo". El Gráfico (en castelán). Consultado o 18 de abril de 2021. 
  2. Aira, Carlos (12 xaneiro de 2018). "¿A dónde va la gente? ¡A ver a Don Vicente!" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2021. Consultado o 18 de abril de 2021. 
  3. "Recuerdos del Ayer" (en castelán). 1 de xuño de 2011. Consultado o 18 de abril de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]