Vestfirðir
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| País insular | Islandia | ||||
| Capital | Ísafjörður (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 7.379 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 9.409 km² | ||||
| Bañado por | Estreito de Dinamarca | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1937 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | IS-4 | ||||
| Sitio web | westfjords.is | ||||
Vestfirðir é unha das oito Rexións administrativas de Islandia. A súa capital é a localidade de Ísafjörður.
Demografía
[editar | editar a fonte]
A rexión ten unha poboación total de 7.374 habitantes (2008), o que supón menos do 3% do total da poboación de Islandia, están repartidos nunha superficie de 22.721 km2, o que supón unha densidade de poboación de 0,784 habitantes por quilómetro cadrado.
A pouca poboación débese a que a rexión é un lugar rural relativamente illado dos núcleos urbanos e á diminución da demanda de man de obra na agricultura e a industria pesqueira, as principais fontes de ingresos para a rexión.
| Ano | Poboación | Porcentaxe da poboación islandesa |
| 1920 | 13.443 | 14,24 % |
| 1930 | 13.133 | 12,09 % |
| 1940 | 13.130 | 10,80 % |
| 1950 | 11.300 | 7,83 % |
| 1960 | 10.507 | 5,86 % |
| 1970 | 10.050 | 4,91 % |
| 1980 | 10.479 | 4,53 % |
| 1990 | 9.798 | 3,80 % |
| 2000 | 8.150 | 2,86 % |
| 2007 | 7.309 | 2,32 % |
Condados
[editar | editar a fonte]Esta rexión está formada polos seguintes condados:
- Austur-Barðastrandarsýsla
- Norður-Ísafjarðarsýsla
- Strandasýsla
- Vestur-Barðastrandarsýsla
- Vestur-Ísafjarðarsýsla
Municipios
[editar | editar a fonte]Vestfirðir comprende os seguintes municipios:
- Árneshreppur
- Bæjarhreppur
- Bolungarvík
- Ísafjarðarbær
- Kaldrananeshreppur
- Reykhólahreppur
- Súðavíkurhreppur
- Strandabyggð
- Tálknafjarðarhreppur
- Vesturbyggð
Transporte
[editar | editar a fonte]As estradas son aínda hoxe en día escasas e inaccesibles (especialmente no inverno), polo que é relatívamente difícil conectarse co resto da illa. Moitos camiños son de grava sóamente. E a frecuencia de choivas ou treboadas obstaculiza o transporte por aire.
Moitas persoas se están trasladando á rexión da capital ou emigran a outros países, como sucedeu despois dunha avalancha en 1995.
Turismo
[editar | editar a fonte]Mentres tanto, planéase facer un maior fincapé no turismo, xa que a beleza dos fiordes forma unha paisaxe moi atractiva. Esta actividade é aínda pouco explotada na zona cerca de Dynjandi (tamén Fjallfoss), posúe unhas fervenzas de cen metros.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista aérea de Ísafjörður
-
Le Drangajökull
-
Os cantís de Látrabjarg
-
Un cantil
-
Dýrafjörður
