Verín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaVerín
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°56′27″N 7°26′09″O / 41.940833333333, -7.4358333333333Coordenadas: 41°56′27″N 7°26′09″O / 41.940833333333, -7.4358333333333
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Ourense Editar o valor em Wikidata
Capital de
CapitalVerín Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación13.612 (2023) Editar o valor em Wikidata (144,65 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie94,1 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude373 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataGerardo Seoane Fidalgo Editar o valor em Wikidata
Eleccións municipais en Verín Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32600 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE32085 Editar o valor em Wikidata

Páxina webverin.gal Editar o valor em Wikidata
Facebook: concellodeverin Twitter: concelloverin Instagram: concellodeverin_oficial Editar o valor em Wikidata

Verín é un concello da provincia de Ourense en Galicia, pertencente á comarca de Verín, da que é capital. Cunha poboación de 13 817 persoas segundo o padrón municipal de 2018, é o terceiro concello da provincia en poboación, despois de Ourense e O Carballiño.

Onomástica[editar | editar a fonte]

O topónimo Verín ten orixe no antropónimo latino Verinus a través da forma en xenitivo (Villa) Verini.[1] O xentilicio é verinés/-esa ou verinense.[2]

Xeografía[editar | editar a fonte]

O concello, de 93,9 km², abrangue 15 parroquias. Limita ao norte co concello de Castrelo do Val, ao leste co concello de Vilardevós, ao sur con Chaves (Portugal), ao oeste co concello de Oímbra e ao noroeste co concello de Monterrei.

Este concello está situado no cuadrante suroriental da provincia de Ourense, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Dista 72 km de Ourense, 170 km de Vigo e 25 km de Chaves. A vila, localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, xurdiu ao pé dunha importante fortaleza medieval e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia.

Situado na depresión de Verín, o relevo deste municipio mostra dous sectores diferentes: un formado polo val do río Támega e o outro polos relevos montañosos que o circundan ao oeste, onde a altitude chega aos 940 metros no Alto de Valdeagua. Tamén atravesa o municipio unha falla denominada Creba dá Corga, pola que flúen moitos mananciais de augas minerais.

A rede hidrográfica organízase en torno ao río Támega, cos seus afluentes Abedes, Búbal, Rego Novo e Rego dous Gondulfes. Este río pertence á conca do Douro.

As superficies forestais están formadas por árbores de ribeira, piñeiros e por matogueiras. As terras de cultivo son de gran fertilidade e sitúanse na zona do val, onde abundan as viñas, que proporcionan o famoso viño de Monterrei. As condicións climáticas, que favorecen a calidade do viño, caracterízanse pola súa suavidade térmica no inverno, a calor estival e as escasas precipitacións.

Demografía[editar | editar a fonte]

Censo total 13 817 (2018)
Menores de 15 anos 1.777 (12.86 %)
Entre 15 e 64 anos 8.559 (61.95 %)
Maiores de 65 anos 3.481 (25.19 %)

Instituto Nacional de Estadística

Evolución da poboación de Verín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
4 968 6 814 8 841 10 051 13 585 14 391 14 633 14 707 14 760 14 652 14 107 14 131 13 889 13 817 13 723 13 647 13 644 13 625
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)






<div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0; <div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0; <div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0; <div class="transborder" style="position:absolute;width:100px;line-height:0;

Distribución da poboación activa.[3]      Servizos (61,31%)     Sector primario (4,6%)     Industria (16,97%)     Construción (17,09%)


Historia[editar | editar a fonte]

Nas terras do concello quedaron restos de poboamento neolítico e castrexo, ademais de restos romanos, polo paso das vías XVII e XVIII do Itinerario de Antonino.[4]

En 1868, coa entrada en vigor do Tratado de Lisboa de 1864, perdeu a parroquia de Lamadarcos, que foi anexada a Portugal.[5][6]

Cultura[editar | editar a fonte]

Casa do Escudo ou do Asistente [7]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

As celebracións de máis sona son as do Entroido, das que destaca a súa vestimenta tradicional e as súas máscaras típicas, os cigarróns.

O 15 de agosto celébranse as festas patronais na honra de Santa María. Outras festas a destacar son as de San Lázaro, que inclúen unha feira gastronómica, e que teñen lugar no mes de marzo ou abril. Por outra parte, os días 3, 11 e 23 de cada mes celébrase a feira na Praza da Alameda de Verín. Cabe destacar finalmente os maios e as Xornadas do Folclore, o 15 de agosto.

Na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Do outro lado do río/ ouvín cantare e vin:/ eran os meus amores/ que ían para Verín [14].

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Economía[editar | editar a fonte]

Política e goberno[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Galería de imaxes de Verín.

Parroquias[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Verín

Ábedes (Santa María) | Cabreiroá (San Salvador) | Feces de Abaixo (Santa María) | Feces de Cima (Santa María) | Mandín (Santa María) | Mourazos (San Martiño) | Pazos (San Fiz) | Queirugás (San Bartolomeu) | Queizás (San Pedro) | A Rasela (Santa María) | Tamagos (Santa María) | Tamaguelos (Santa María) | Tintores (Santa Cristina) | Verín (Santa María a Maior) | Vilamaior do Val (Santiago)


Lugares de Verín[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Verín vexa: Lugares de Verín.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santiso Arias, Andrea (2023). Toponimia de Antas de Ulla. A Coruña: Real Academia Galega. p. 87. ISBN 978-84-17807-36-8. 
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 60. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  3. "Verín". Diccionario enciclopédico galego universal 59. pp. 41–42. 
  4. "Verín". Enciclopedia Galega Universal 16. pp. 326–329. 
  5. Madoz, Pascual (1847). Lama de Arcos (Sta. Maria de). Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar (en castelán) X (Madrid). p. 48. 
  6. García Mañá, Luís Manuel (xullo/decembro 2001). "Couto Mixto, unha república esquecida". IGADI. Arquivado dende o orixinal o 16-03-2012. Consultado o 4-6-2016. 
  7. 7,0 7,1 Casa do Escudo ou do Asistente en Turgalicia.
  8. Igrexa de Santa María a Maior Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
  9. Casa dos Acevedo Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
  10. Igrexa da Mercede Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
  11. Capela de San Lázaro Arquivado 19 de setembro de 2019 en Wayback Machine. en Turgalicia.
  12. Santuario dos Remedios Arquivado 05 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
  13. Fonte do Sapo Arquivado 04 de xaneiro de 2017 en Wayback Machine. en Turgalicia.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández (1973), Cantigueiro popular da Limia Baixa, 72. No orixinal: vín.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.