Saltar ao contido

Verpa conica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Verpa conica
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Ascomycota
Subdivisión: Pezizomycotina
Clase: Pezizomycetes
Orde: Pezizales
Familia: Morchellaceae
Xénero: Verpa
Especie: Verpa conica
Sinonimia[1]
  • Phallus conicus O.F.Müll. (1775)
  • Leotia conica (O.F.Müll.) Pers. (1801)
  • Relhanum conicum (O.F.Müll.) Gray (1821)
  • Monka conica (O.F.Müll.) Kuntze (1898)

Verpa conica é unha especie de fungo da familia Morchellaceae. Ás veces pode confundirse coas Morchella. Caracterízase por ter un píleo que lembra un dedal ou alferga que está unido libremente ao estipe.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita inicialmente co nome Phallus conicus por Otto Friedrich Müller en 1775. Autores posteriores trasladaron o taxon a outros xéneros: Persoon situouna en Leotia en 1801, Samuel Frederick Gray transferiuna a Relhanum en 1821, e Otto Kuntze colocouna en Monka en 1898. A especie foi transferida a Verpa por Olof Swartz en 1814.[1]

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os corpos frutíferos teñen un píleo liso con forma de campá ou cónica de aproximadamente 1 a 4 cm de alto e ancho;[2][3] só está unido á parte superior do estipe, porque a marxe do píleo está libre e colga como unha saia. A parte inferior do píleo é de cor parda a marrón escura. O estipe, que mide de 2 a 12 cm de altura por 1 a 3 cm de groso, é abrancazado[4] e igual de groso ou lixeiramente mais groso que a base;[3] a superficie do estipe é lisa ou lixeiramente peluda.[5] Xeralmente é oco, aínda que en espécimes novos pode estar cheo de hifas algodonosas. A carne é fina e crebadiza, e o píleo pode separarse doadamente do estipe.

O micólogo David Arora sinalou que ás veces pode atoparse unha variedade con píleo engurado, que lembra en parte a Gyromitra.[6]

Características microscópicas

[editar | editar a fonte]

As esporas son elípticas, lisas, incoloras,[3] e hialinas, cunhas dimensións de 28–34 por 15–19 μm. Os ascos son normalmente de 500–550 por 21–27 μm, e con oito esporas. As paráfises teñen forma de maza, son ramificados e septados.[7]

Especies similares

[editar | editar a fonte]

Como o píleo está libre en V. conica, é doada de distinguir das verdadeiras pantorras (Morchella), que o teñen unido pola súa base. Nas o píleo V. conica únese na parte superior, o que as fai distinguibles das pantorras, nas cales está medio libre (por exemplo, Morchella semilibera). Ese cogomelo adoita estar cheo dun materail parecido ao algodón, mentres que as pantorras están ocas.

Outras especies similares son Verpa bohemica, que ten un píleo máis engurrado,[8] Morchella semilibera,[3] e especies de Phallus, que cheiran a lixo ou carne podre.[8]

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

A especie pode atoparse en América do Norte desde a costa oeste (de marzo a xuño) ao noroeste (de abril a maio).[8]

Crece en solitario, dispersa ou en grupos sobre o chan en bosques caducidfolios ou de coníferas, a miúdo en vales de ríos ou ao longo das ribeiras de ríos.[7] Adoita frutificar ao final da primavera, xeralmente preto da estación das pantorras. Informouse que frutifica abundantemente no mato do chaparral do sur de California.[6]

Como alimento

[editar | editar a fonte]
O píleo que colga libre de V. conica.

As especies de Verpa sempre deberían cocerse con coidado e, se se comen por primeira vez, deberían ser só pequenas pocións para testar a tolerancia.[9][10][11]

Como antioxidante

[editar | editar a fonte]

Hai probas de que V. conica pode conter compostos que funcionan como antioxidantes. Aínda que non necesariamente se recomenda o seu consumo, é posible usar un extracto de V. conica como suplemento antioxidante. Un estudo feito sobre a actividade antioxidante de varias especies de cogomelos indicou que esta especie de Verpa é especialmente boa no seu poder redutor. Tamén ten boas capacidades de ligar o ferro, o cal pode estar relacionado coa protección contra a peroxidación.[12]

  1. 1 2 "Verpa conica (O.F. Müll.) Sw. 1814". MycoBank. International Mycological Association. Consultado o 2011-05-06.
  2. Kuo M (xaneiro de 2005). "Verpa conica". MushroomExpert.Com. Consultado o 2011-05-06.
  3. 1 2 3 4 Davis, R. Michael; Sommer, Robert; Menge, John A. (2012). Field Guide to Mushrooms of Western North America. Berkeley: University of California Press. pp. 393–394. ISBN 978-0-520-95360-4. OCLC 797915861.
  4. Trudell, Steve; Ammirati, Joe (2009). Mushrooms of the Pacific Northwest. Timber Press Field Guides (en inglés). Portland, OR: Timber Press. pp. 278–279. ISBN 978-0-88192-935-5.
  5. Healy RA, Huffman DR, Tiffany LH, Knaphaus G (2008). Mushrooms and Other Fungi of the Midcontinental United States. Bur Oak Guide. Iowa City, Iowa: University of Iowa Press. p. 297. ISBN 978-1-58729-627-7.
  6. 1 2 Arora D. (1986). Mushrooms Demystified: A Comprehensive Guide to the Fleshy Fungi (2ª ed.). Berkeley, California: Ten Speed Press. pp. 794–95. ISBN 978-0-89815-170-1.
  7. 1 2 Tylutki EE. (1979). Mushrooms of Idaho and the Pacific Northwest. Moscow, Idaho: University Press of Idaho. p. 42. ISBN 0-89301-062-6.
  8. 1 2 3 Audubon (2023). Mushrooms of North America. Knopf. p. 38. ISBN 978-0-593-31998-7.
  9. Jordan M. (2004). The Encyclopedia of Fungi of Britain and Europe. London, Reino Unido: Frances Lincoln. p. 57. ISBN 0-7112-2379-3.
  10. Weber NS, Smith AH (1980). The Mushroom Hunter's Field Guide. Ann Arbor, Michigan: University of Michigan Press. p. 39. ISBN 0-472-85610-3.
  11. Phillips, Roger (2010). Mushrooms and Other Fungi of North America. Buffalo, Nova York: Firefly Books. p. 363. ISBN 978-1-55407-651-2.
  12. Elmastas, Mahfuz; Isildak, Omer; Turkekul, Ibrahim; Temur, Nuri (2007). "Determination of antioxidant activity and antioxidant compounds in wild edible mushrooms". Journal of Food Composition and Analysis 20 (3–4): 337–345. doi:10.1016/j.jfca.2006.07.003.