Verica Nedeljković
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1929 ![]() Čačak, Serbia ![]() |
Morte | 13 de decembro de 2023 ![]() Belgrado, Serbia ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xadrecista ![]() |
Nacionalidade deportiva | Serbia ![]() |
Deporte | xadrez ![]() |
Título de xadrecista | Mestra Internacional Feminina (1954) Gran Mestra Feminina (1978) ![]() |
Puntos ELO (màx.) | 2.215 (2022)< |
Identificador FIDE | 909807 ![]() |
Participou en | |
1966 | Olimpíada de xadrez para mulheres de 1966 (pt) ![]() |
1963 | Olimpíada de xadrez para mulheres de 1963 (pt) ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Srećko Nedeljković ![]() |
Verica Nedeljković (serbio: Верица Недељковић), de nacemento Jovanović (serbio: Јовановић), nada en Pridvorica (República Socialista de Serbia, Iugoslavia) o 16 de setembro de 1929 e finada en Belgardo o 13 de decembro de 2023, foi unha xadrecista iugoslava e serbia, Gran Mestra Feminina desde 1978.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre mediados dos anos 50 e finais dos anos 60 foi unha das principais xadrecistas mulleres do país. Nedeljković foi seis veces campioa do Campionato Feminino de Xadrez de Iugoslavia (1950, 1951, 1952, 1953, 1958 e 1965), amais doutros campionatos internacionais femininos.
Participou en catro ocasións no Torneo de Candidatas do Mundial Feminino de Xadrez:
- En Moscova 1955 logrou o 6º lugar[1]
- En Plovdiv 1959 logrou o 2º lugar[2]
- En Vrnjačka Banja 1961 compartiu o 4º e o 6º lugar[3]
- En Sukhumi 1964 logrou o 9º lugar[4]
- En Subotica 1967 logrou o 6º lugar[5]
Verica Nedeljković xogou co equipo de Iugoslavia nas Olimpíadas Femininas de Xadrez:[6]
- En Split 1963, no taboleiro 2 (+12, =0, -0), obtivo a medalla de prata do equipo e a de ouro individual.
- En Oberhausen 1966, no taboleiro 2 (+4, =4, -2).
En 1954 recibiu o título de Mestra Internacional Feminina. En 1978 recibiu o título honorario de Gran Mestra Feminina.
Tras graduarse, traballou como enxeñeira naval e profesora na Universidade de Belgrado. Casou con Srećko Nedeljković (1923-2011), xogador e adestrador de xadrez e médico.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "1955 Candidates Tournament: World Chess Championship (Women)" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023.
- ↑ "1959 Candidates Tournament: World Chess Championship (Women)" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023.
- ↑ "1961 Candidates Tournament: World Chess Championship (Women)" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023.
- ↑ "1964 Candidates Tournament: World Chess Championship (Women)" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023.
- ↑ "1967 Candidates Tournament: World Chess Championship (Women)" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023.
- ↑ "Women's Chess Olympiads: Verica Nedeljković" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023.
- ↑ "The Chess Games of Srećko Nedeljković" (en inglés). Consultado o 31 de marzo de 2023.