Saltar ao contido

Verderolo europeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Verderolo europeo
Chloris chloris
Carl von Linné 1758 Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Sinónimo taxonómico
 Taxon superior
 Nome curto
C. chloris Editar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
 Sinonimia
Carduelis chloris
Características
 Período de incubación
14 DD Editar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
4.9 Editar o valor en Wikidata
Conservación
 Identificador UICN
Distribución
 Área de distribución
Dimensións
 Masa
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdePasseriformes
FamiliaFringillidae
XéneroChloris
EspecieC. chloris
Identificadores
Freebase/m/01_6p5 Editar o valor en Wikidata
ITIS997806 Editar o valor en Wikidata
OTT1083715 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

O verderolo europeo[1] (Chloris chloris)[2] é un paxaro presente en toda Europa, norte de África e suroeste de Asia. Aínda que se comporta en xeral como ave sedentaria, algunhas poboacións que viven nas zonas máis boreais da súa distribución, móvense cara ao sur no inverno.

Descrición

[editar | editar a fonte]

O verderolo é un paxaro
que adeprendeu a cantar;
agora os nenos da escola
quéreno engaiolar.

—L. Vázquez[3]

O verderolo europeo mide entre 14 e 16 cm de lonxitude. É de cor verde oliva, coas plumas das ás e a beira do rabo de cor amarela dourada. As femias e os exemplares novos son menos brillantes e teñen tons castaños no lombo. O peteiro é groso e cónico. Ten o rabo curto e a cabeza grande.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Ademais das zonas xa citadas o verderolo europeo foi introducido e está presente en Nova Zelandia, parte de Australia, e algúns países da América do sur, como o Brasil e a Arxentina.

As súas zonas de cría máis comúns sitúanse nas beiras de zonas de bosque, sebes e xardíns con vexetación relativamente mesta.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

A súa época de cría vai de finais de abril a xuño. O niño ten forma de pratiño e constrúeno en sebes ou vexetación mesta. Poñen 5 ou 6 ovos abrancazados con manchas e puntos castaños escuros. A femia choca os ovos 13 ou 14 días e os dous membros da parella alimentan os polos.

Conduta e alimentación

[editar | editar a fonte]

O seu voo ondulante é moi característico. Na época nupcial o macho voa describindo círculos ó redor da femia, cantando sen parar.

Non teme a presenza humana. Fóra da época de cría pode xuntarse en bandos, ás veces mesturado con outras especies de frinxílidos. A base da súa alimentación son as sementes, aínda que pode alimentar as crías tamén con algúns insectos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-07. 
  2. "Chloris chloris - Avibase". avibase.bsc-eoc.org. Consultado o 2017-06-08. 
  3. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha do verderolo. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 87. ISBN 84-7154-379-6. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]