Vera Slutskaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVera Slutskaya

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1874 Editar o valor em Wikidata
Minsk Editar o valor em Wikidata
Morte12 de novembro de 1917 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Pushkino, Rusia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte en combate Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaPreobrazhenskoe Jewish Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Obreiro Socialdemócrata Ruso (1902–)
Bund (pt) Traducir (1901–)
Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia (facción bolxevique) Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoRevolución de Outubro Editar o valor em Wikidata
Participou en
26 de xullo de 1917 (Xuliano)6th Congress of the Russian Social Democratic Labour Party (en) Traducir
30 de abril de 1907 (Xuliano)V Congreso do Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 99698441 Editar o valor em Wikidata


Vera Klimentjevna Slutskaya, nada en Minsk o 17 de setembro de 1874 e finada o 12 de novembro de 1917, foi unha revolucionaria e membro do Partido Bolxevique na Duma[1]. Participou tanto na Revolución de Febreiro coma na de outubro. Faleceu preto de Petrogrado, no transcurso da Revolución de Outubro, a causa de disparos feitos por cosacos[2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu nome real era Bertha Bronislavovna, e naceu en Minsk no seo dunha familia xudía de clase media, cursando  estudos de odontoloxía. Vera Slutskaya participou no movemento revolucionario desde 1898. Tras unha detención, o Estado Ruso iniciou procesos penais contra ela, sendo arrestada en 1901 pola policía tsarista. Ese mesmo ano ingresou no Partido Socialdemócrata Xudeu, que era unha organización autónoma dentro do Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso (RSDLP). A partir de 1902 participou realizando tarefas organizativas no RSDLP. Durante a Primeira Revolución Rusa de 1905-1907, foi membro da organización de combate do RSDLP, participando na loita revolucionaria en Minsk e Petrogrado. Após ser delegada no Quinto Congreso do RSDLP (1907), permaneceu en Rusia e dirixiu diversos traballos para o partido en San Petersburgo.

En 1909, Vera Slutskaya estivo emigrada, vivindo en Alemaña e Suíza, volvendo en 1912 á súa terra natal, onde se adicou ao traballo de partido en San Petersburgo. A causa do seu traballo, foi detida repetidamente, exiliándose no 1914.

Participou na Revolución de Febreiro de 1917. Traballando no Comité Petrograd do RSDLP durante a fase de “poder dual”, actuando coma vencello entre o partido e a poboación feminina. No VI Congreso semilegal do RSDLP, apoiou a política dun levantamiento armado. Estes posicionamentos, fixeron que participase no levantamiento armado de outubro en Petrogrado, despois de que se establecese o poder soviético para reprimir a "revolta Kerenskii-Krasnov" que estalou o 26 de outubro (8 de novembro polo calendario gregoriano).

Morreu durante o enfrontamento armado co xeneral Krasnov o 12 de novembro de 1917, na área de Pulkovo, debido ao impacto directo dun proxectil cando transportaba medicamentos ás unidades da Garda Vermella. Vera Slutskaya está enterrada en San Petersburgo no cemiterio Preobrazhenskoye.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. John Reed, Ten Days that Shook the World, Boni & Liveright, Nova York, 1919.
  2. Alexandra Kollontai, Women Fighters in the Days of the Great October Revolution, in Zhensky zhurnal, n. 11, novembro 1927, Selected Articles and Speeches. Progress Publishers, 1984.