Verónica Gago
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1976 Chivilcoy, Arxentina |
| Educación | Universidade de Buenos Aires |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Ciencia política e socioloxía |
| Ocupación | filósofa, socióloga, politicóloga, profesora universitaria |
| Empregador | Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas Universidade de Buenos Aires Universidade Nacional de General San Martín |
| Movemento | Feminismo |
Verónica Gago, nada en Chivilcoy (Arxentina) en 1976,[1] é unha filósofa, politicóloga, investigadora e activista feminista arxentina.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Ciencias Políticas na Universidade de Bos Aires e, máis tarde, doutorouse en Ciencias Sociais na mesma universidade.[2]
Gago explora diversos tipos de extractivismo e explotación laboral, como ou do traballo doméstico, que desde o capitalismo atópase no terreo do non produtivo e, por tanto, é unha explotación oculta. Para o capital, pois, o traballo feminino do fogar é unha "estratexia de abaratamento e de explotación desa forza de traballo non asalariada."[3]O concepto da corporalidade tamén está presente nas formulacións teóricas da maioría dos textos de Gago. Ela usa a noción do "corpo-territorio" para comprender as relacións de poder e de explotación entre o patriarcado e o corpo feminino, e entre os modelos de produción e a sociedade.[4]Con relación á folga feminista, por exemplo, Gago expón que o corpo feminino convértese nun territorio de resistencia e contrapoder que busca transformar as estruturas patriarcais da sociedade.[5]
Obra
[editar | editar a fonte]- Una lectura feminista de la deuda: vivas, libres y desendeudadas nos queremos (con Lucía Cavallero). Coedición Tinta Limón/Fundación Rosa Luxemburgo, 2019. ISBN: 978-987-3687-73-0 [6]
- La casa como laboratorio: finanzas, vivienda y trabajo esencial (con Lucía Cavallero). Coedición Tinta Limón/Fundación Rosa Luxemburgo, 2022. ISBN: 978-987-3687-91-4 [7]
- Eco-feminismos: la sostenibilidad de la vida (con Yayo Herrero). Icaria editorial, 2023. ISBN-10: 8418826940[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GAGO, VERÓNICA (en castelán). Traficantes de Sueños. 2022-04-22. Consultado o 2023-03-07.
- ↑ "La Siniestra Ensayos | Verónica Gago" (en castelán). Consultado o 2023-03-10.
- ↑ Sburlatti, Santiago (2015-07-01). "Reseña del libro de Verónica Gago La razón neoliberal. Economías barrocas y pragmática popular". ISSN 2347-1085. Consultado o 2023-03-13.
- ↑ Zebadúa-Yáñez, Verónica; Owen, Rose A.; Kessel, Alisa; Cruz, Melany; Chaparro-Martínez, Amneris (2023-12). "Sexualized violence and feminist counter-violence" (en inglés) 22 (4): 552–583. ISSN 1470-8914. doi:10.1057/s41296-023-00636-2. Consultado o 2024-12-11.
- ↑ Aramburu, Diana (Verano 2023). "From Victimization to Feminist Revolution: Performing Decolonized Bodies as Acts of Collective Rebellion in Puerto Rico.".
- ↑ Zebadúa-Yáñez, Verónica; Owen, Rose A.; Kessel, Alisa; Cruz, Melany; Chaparro-Martínez, Amneris (2023-12). "Sexualized violence and feminist counter-violence" (en inglés) 22 (4): 552–583. ISSN 1470-8914. doi:10.1057/s41296-023-00636-2. Consultado o 2024-12-11.
- ↑ La casa laboratorio
- ↑ "Ecofeminismos. La sostenibilidad de la vida" (en castelán). Consultado o 2024-12-10.