Verónica Bolón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaVerónica Bolón
Biografía
Nacemento1984 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Carballo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióninformática teórica Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade da Coruña (2014–)
Northeastern University (2014–2014)
Universidade de Granada (2012–2012)
Universidade da Coruña (2011–2014)
Universidade da Flórida (pt) Traducir (2010–2010)
Universidade da Coruña (2008–2011) Editar o valor em Wikidata
Premios

Verónica Bolón Canedo, nada en Carballo en 1984, é unha enxeñeira informática profesora e investigadora na Universidade da Coruña. En 2020 foi galardoada co premio Dona Tic o que outorga a Consellería de Políticas Dixitais e Administración Pública da Generalitat de Cataluña.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Verónica Bolón é enxeñeira e doutora en Informática pola Universidade da Coruña (UDC). Tras realizar unha estadía posdoutoral na Universidade de Manchester, en 2016 incorporouse como profesora no Departamento de Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información da UDC, onde está integrada no grupo de investigación LIDIA (Laboratorio de I+D en Intelixencia Artificial) do CITIC, coordinado por Amparo Alonso Betanzos.[3][4] Desenvolve a súa investigación no campo da Intelixencia Artificial, centrándose na aplicación social da tecnoloxía: desenvolvendo algoritmos de aprendizaxe automática que axudan no diagnóstico de varias enfermidades ou en proxectos de detección de verteduras de petróleo nos océanos.[5]

En 2018 recibiu unha Bolsa Leonardo da Fundación BBVA. Desde 2018 é Secretaria da Asociación Española para a Intelixencia Artificial. Está moi comprometida co fomento da vocación científico-tecnolóxica entre as nenas, coordinando o nodo da Coruña do proxecto Inspira STEAM. En 2020 foi elelixida nova académica de número da Academia Joven de España.[6]En 2022 foi nomeada académica da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais de España.[7]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "La carballesa Verónica Bolón recibe un premio en Cataluña". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-10-20. Consultado o 2020-10-25. 
  2. Redacción (2020-10-16). "As informáticas da UDC Verónica Bolón e Susana Ladra, premiadas en Euskadi e Catalunya". GCiencia. Consultado o 2020-10-25. 
  3. "Verónica Bolón Canedo". Red Leonardo (en castelán). Consultado o 2020-10-25. 
  4. "Verónica Bolón Canedo – Inspira STEAM" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 2020-10-25. 
  5. "Els Premis DonaTIC 2020 reconeixen el talent, l’emprenedoria i l’empoderament de les dones en l’àmbit tecnològic". Departament de Polítiques Digitals i Administració Pública (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-25. 
  6. Fernando Sarasketa. "Verónica Bolón, profesora da FIC e investigadora do CITIC, ingresa na Academia Joven de España". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2020-10-25. 
  7. Redacción (2022-11-11). "A galega Verónica Bolón, nova académica da Real Academia de Ciencias de España". GCiencia. Consultado o 2022-11-12. 
  8. Redacción. "O documental Marxe de erro dá visibilidade ao rol das mulleres tecnólogas". Código Cero - Diario Tecnolóxico de Galicia. Consultado o 2021-10-27.