Verán en Louisiana
Aparencia
| Verán en Louisiana | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||
Verán en Louisiana (en inglés: The Man in the Moon) é un filme estadounidense de 1991 dirixido por Robert Mulligan. Foi o derradeiro filme dirixido por Mulligan. O guión escribiuno Jenny Wingfield e está protagonizado por Reese Witherspoon, no seu debut no cinema, Sam Waterston, Tess Harper, Emily Warfield e Jason London. O filme recibiu a aclamación da crítica, formando parte na lista dos 10 mellores filmes de 1991 de Roger Ebert.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia do filme, ambientada na Luisiana rural da década de 1950, céntrase en Dani (Witherspoon), unha nena marimacho de 14 anos que experimenta o primeiro amor e desamor cando o mozo Court (Jason London) se muda ao lado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Sam Waterston como Matthew Trant
- Tess Harper como Abigail Trant
- Gail Strickland como Marie Foster
- Reese Witherspoon como Danielle "Dani" Trant
- Jason London como Court Foster
- Emily Warfield como Maureen Trant
- Bentley Mitchum como Billy Sanders
- Ernie Lively como Will Sanders
- Dennis Letts como Doc White
- Earleen Bergeron como Eileen Sanders
- Anna Chappell como Mrs. Taylor
- Brandi e Sandi Smith como Missy Trant
- Derek e Spencer Ball como xemelgos Foster
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Siskel and Ebert Top Ten Lists (1969-1998)". 2012-05-03. Consultado o 2013-10-12 – vía Innermind.com.