Venus Express

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Venus Express
Venus Express in orbit (crop).jpg
Venus Express en órbita
TipoCientífica
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de novembro de 2005, 3:33 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz FG[3][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[3][6]
Obxectivo da misiónEstudo de Venus.[3][6]
Decaemento28 de novembro de 2014[3]
NSSDC ID2005-045A
Masa670,0 kg[3]
DimensiónsCaixa de 1,65 x 1,7 x 1,4 m[3]

Venus Express foi unha sonda espacial da Axencia Espacial Europea lanzada nun foguete Soyuz FG desde o cosmódromo de Baikonur o 9 de novembro de 2005.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

Venus Express foi a primeira misión da ESA ao planeta Venus, orixinada nas propostas de reuso do deseño da sonda Mars Express. A sonda reutilizou varios instrumentos de reposto de Mars Express e da misión [[Rosetta (sonda espacial)|Rosetta]. O obxectivo principal era estudar a atmosfera venusina, a súa contorna de plasma e a interacción co vento solar, así como examinar no posible a superficie.[2][3][5][6]

A nave tiña unha masa ao lanzamento, incluíndo propelente, de 1240 kg (670 kg de masa en seco). O corpo principal tiña forma de caixa de 1,65 x 1,7 x 1,4 m. O motor principal da nave tiña un pulo de 415 N, con oito propulsores máis pequenos de 10 N para control de actitude, todos alimentados con tetróxido de nitróxeno e hidracina. Os dous paneis solares proporcionaban ata 1100 vatios de potencia que eran almacenados en tres baterías de ións de litio cunha capacidade cada unha de 24 Ah. As comunicacións tiñan lugar en banda X e banda S, con transmisores redundantes e velocidades de ata 262.000 Kbps. O control térmico conseguíase mediante radiadores, capas illantes de Kapton e cobertores reflectantes. Os datos podíanse almacenar nunha memoria de estado sólido de 12 Gb. Ao final da súa misión, Venus Express entrou na atmosfera de Venus, cesando as súas operacións o 28 de novembro de 2014.[3][5][6]

Instrumentos[editar | editar a fonte]

Venus Express levaba os seguintes instrumentos a bordo:[3][5][6]

  • Venus Monitoring Camera: unha cámara gran angular.
  • ASPERA: combinación de cámara de átomos neutros, magnetómetro e espectrómetro de ións e electróns.
  • PFS: espectrómetro de Fourier infravermello.
  • SPICAV/SOIR: espectrómetro ultraviolera e infravermello.
  • VIRTIS: espectrómetro ultravioleta, visible e infravermello.
  • MAG: un conxunto de dous magnetómetros.
  • VeRa: un experimento de ciencia por radio.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "VENUS EXPRESS" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Letter dated 17 March 2006 from the Head of the Legal Department of the European Space Agency to the Secretary- General" (PDF) (06-55010). 16 de xuño de 2006: 2. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  3. 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 NASA (21 de marzo de 2017). "Venus Express" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2017. Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Venus Express (VEX)" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2018). Gunter's Space Page, ed. "Venus Express" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Mark Wade (2011). "Venus Express" (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]