Ventura Sierra
Ventura Sierra | |
---|---|
Nacemento | 1942 |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ventura Sierra Vázquez, nado en Vilariño de Conso o 13 de outubro de 1942, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi alcalde de Vilariño de Conso dende as primeiras eleccións democráticas polo PSdeG-PSOE. Nas municipais de 1995 presentouse polo PPdeG pero non conseguiu a alcaldía, que foi para Manuela González Losada do BNG grazas a un pacto co PSdeG. Con todo en abril de 1996 recuperou a alcaldía grazas ao voto dun tránsfuga. Nas seguintes eleccións volveu presentarse polo PPdeG, sendo elixido alcalde por maioría absoluta. En 2007 fíxose coa alcaldía o candidato do PSdeG-PSOE Arcadio González Rodríguez grazas a un pacto co BNG, pero por discrepancias entre os socios de goberno, dimitiu como alcalde en xuño de 2009, resultado elixido alcalde Ventura Sierra pola indisciplina dun concelleiro do BNG que votou polo candidato do seu partido en lugar de polo do PSdeG[1]. Volveu gañar as eleccións municipais de 2011 e 2015 con maioría absoluta. O 20 de xullo de 2017 presentou a súa renuncia ao pleno do concello, logo de ter sido condenado a sete anos de inhabilitación para cargo público por contratar a 29 persoas sen convocatoria pública.[2] Ocupou o seu posto a primeira tenente alcalde Melisa Macía Domínguez.[3]
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Vilariño de Conso 1979 - 1995 |
Sucesor: Manuela González Losada |
Predecesor: Manuela González Losada |
![]() Alcalde de Vilariño de Conso 1996 - 2007 |
Sucesor: Arcadio González Rodríguez |
Predecesor: Arcadio González Rodríguez |
![]() Alcalde de Vilariño de Conso 2009 - 2017 |
Sucesor: Melisa Macía Domínguez |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ O popular Ventura Sierra dirixe Vilariño de Conso en minoría desde xuño Arquivado 23 de agosto de 2017 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 10/10/2009.
- ↑ Dimite Ventura Sierra tras ser condenado por prevaricación La Voz de Galicia, 20/07/2017.
- ↑ Melisa Macía brinda diálogo á oposición como nova alcaldesa Arquivado 23 de agosto de 2017 en Wayback Machine. La Voz de Galicia, 05/08/2017.