Venres negros (CRTVG)
Suxeriuse que "Defende a Galega" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
| Venres negros | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Defende a Galega | |||||
| |||||
| |||||
| Wikidata |
Os venres negros son unha serie de protestas levadas a cabo polo persoal da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), agrupados no movemento Defende a Galega, iniciadas para denunciar a manipulación informativa e a falta de independencia editorial nos medios públicos galegos.[1] Estas protestas continuaron ocorrendo todos os venres, durante anos[2][3] e, polo seu nome simbólico e a roupa de cor negra que visten os manifestantes, fai referencia ao "loito" pola calidade do xornalismo.[4] Os participantes nese movemento denunciaron represalias contra eles.[5]
Historia
[editar | editar a fonte]As mobilizacións dos "Venres negros" iniciáronse en maio de 2018, cando os traballadores da CRTVG, apoiados por sindicatos e colectivos en defensa da lingua galega, comezaron a protestar contra as interferencias políticas, a manipulación informativa e a falta de independencia editorial que percibían nos medios públicos galegos.[6] Reclamaban un xornalismo libre e independente, respectuoso coa pluralidade de opinións e o fomento da cultura e lingua galegas, cumprindo coa finalidade estatutaria da corporación.[7][8]
En resposta ás presións continuadas e á falta de medidas correctoras por parte da administración, os traballadores decidiron vestir de negro todos os venres, simbolizando o loito pola deterioración da calidade do xornalismo público, converténdose nunha cita semanal para denunciar prácticas de censura e manipulación, reclamando unha maior transparencia e independencia da radio e televisión públicas.
Os grupos de oposición no Parlamento Galego apoiaron as demandas do colectivo.[9][10]
Folga
[editar | editar a fonte]A situación chegou a un punto crítico en outubro de 2024, cando, despois de seis anos de protestos, se iniciou unha folga indefinida, a raíz da filtración aos medios dunha nova lei que daría á Xunta maior control político sobre a CRTVG e a inclusión de programación en castelán,[11] e a emisión de "O Termómetro", unha externalización da produción que substituíu o programa "A Revista".[12][13]
O 13 de novembro, as asembleas de persoal da Corporación ratificaron a continuidade da folga e convocaron a cidadanía galega a participar nunha manifestación en defensa dos medios públicos o domingo 1 de decembro de 2024. Desde esa semana, os paros ampliáronse das 11.30 até as 13.45 horas para impedir a emisión do programa "O Termómetro" e a restitución de "A Revista".[14]
Demandas e obxectivos
[editar | editar a fonte]Entre as principais demandas do movemento Defende a Galega encóntranse:[15][16]
- A destitución de directivos acusados de manipulación informativa.
- A reinstauración de servizos informativos locais e desconexións que foran eliminadas.
- A produción propia fronte ás externalizacións das producións.
- Ampliación da programación infantil e xuvenil nos medios públicos cunha oferta de calidade que restaure o papel dinamizador da lingua galega.
- O cumprimento da lei de medios que garantiría a independencia editorial.
Impacto e repercusión
[editar | editar a fonte]As protestas dos Venres Negros tiveron o apoio de diversos sectores da sociedade galega e teñen sido cubertas por varios medios de comunicación, destacando a necesidade de transparencia e independencia nos medios públicos, e de recuperación do papel dinamizador do galego. Ademais, houbo unha resposta significativa nas redes sociais e outras plataformas en liña, onde se compartiron imaxes e mensaxes de apoio aos traballadores da CRTVG, e apoiaron as súas demandas.[17]
A propia a CRTVG nunca informou nin publicou contidos que fixesen referencia aos venres negros nin a Defende a Galega, aínda que outros medios públicos si que teñen publicado protestas ou críticas contra a propia corporación.[18][19] En 2019 a cantante Sés acudiu ao programa Zig Zag diario cunha camisola de Defende a Galega.[20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Defende a galega, cincuenta venres de negro". El Salto Diario (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Se cumplen 200 'viernes negros'". Público (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "200 viernes de protesta contra la manipulación". El Diario (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "La crisis en la Televisión de Galicia". El País (en castelán). Consultado o 2024-11-18.[Ligazón morta]
- ↑ "Trabajadores denuncian represalias". Público (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Unos medios públicos manipulados no son inevitables". El Diario (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Estatutos da Corporación de Radio e Televisión de Galicia - CRTVG - G24". CRTVG. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "39 semanas de negro contra la manipulación en la TVG". El Diario (en castelán). Consultado o 2024-11-18.[Ligazón morta]
- ↑ Galego, BNG-Bloque Nacionalista (2019-12-27). "O BNG apoia as reivindicacións dos e das profesionais de “Defende a Galega”". BNG - Bloque Nacionalista Galego. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "O GRUPO SOCIALISTA ACUSA AO PP DE MERMAR “ATA LÍMITES NUNCA VISTOS” A INDEPENDENCIA DOS MEDIOS PÚBLICOS". Xornal Galicia. Consultado o 2024-11-18.[Ligazón morta]
- ↑ Cortizo, Gonzalo (2024-07-27). "La Xunta prepara una ley para dotar al PP de control absoluto sobre los medios públicos y abrir la TVG al castellano". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "TVG cambia magacín propio por uno externo coproducido por una firma dirigida por una ex-asesora de Rajoy". GaliciaPress (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Los trabajadores de la TVG en huelga indefinida". InfoLibre (en castelán). Consultado o 2024-11-18.[Ligazón morta]
- ↑ "Persoal mobilizado da CRTVG aproba continuar coa folga e chama a participar nunha manifestación en defensa dos medios públicos". Praza Pública. 2024-11-13. Consultado o 2025-03-09.
- ↑ "Defende a galega, cincuenta venres de negro pola liberdade de expresión". www.elsaltodiario.com (en local). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "La tele gallega en negro". Público (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "Sextas pretas para dias negros (I) - PGL". pgl.gal (en portugués). 2023-06-27. Consultado o 2024-11-18.
- ↑ RTVE cubriu as protestas contra "corrupción" e "clientelismo" en Televisión Española.
- ↑ AGENCIAS, RTVE es / (2024-10-25). "Huelga en RTVE tras la filtración del examen de informador para exigir más garantías en la oposición". RTVE.es (en castelán). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ "A CRTVG non nega o veto a Ses". Sermos Galiza. 12 de abril de 2019. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2019. Consultado o 15 de abril de 2019.