Saltar ao contido

Venera 3

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Venera 3
Selo postal conmemorando Venera 3
TipoCientífico
Data de lanzamento16 de novembro de 1965, 4:19 GMT[1][2]
Foguete portadorMolniya M[3]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[4][3][5]
Obxectivo da misiónEstudo de Venus.[4][3][5]
NSSDC ID1965-092A
Masa960 kg[4]

Venera 3 foi unha sonda espacial da Unión Soviética lanzada o 16 de novembro de 1965 mediante un foguete Molniya M desde o cosmódromo de Baikonur para a exploración de Venus.[1][4][3][5][2][6]

Características

[editar | editar a fonte]

Venera 3 foi a única sonda de tipo 3MV-3 lanzada pola Unión Soviética e tiña unha masa duns 960 kg. A estrutura da sonda estaba composta polo bus e un aterrizador en forma de esfera de 90 cm de diámetro e de 310 kg de masa acaroada ao bus. O aterrizador contiña paracaídas, dous transmisores de radio en lonxitude de onda de 32 cm e varias antenas e funcionaba con baterías. A bordo levaba instrumentos para medir parámetros da atmosfera de Venus como a presión, a temperatura, a densidade, a composición, a acidez e a conductividade eléctrica. O bus tiña forma aproximadamente cilíndrica cuns 1,1 m de diámetro e 2,7 m de longo (3,6 m co aterrizador acaroado), cun tronco de cono nun dos extremos. Dous paneis solares cunha superficie total de 2,6 m2 e 4,4 m de envergadura proporcionaban a alimentación eléctrica, que se almacenaba en baterías de níquel-cadmio. O motor principal da sonda era un KDU-414 con 2 kN de impulso e situado no extremo aposto ao aterrizador. As comunicacións tiñan lugar medianta unha antena parabólica de 1,7 m de diámetro e en tres posibles frecuencias: 6000, 3750 e 922,776 MHz. A sonda tiña tamén dúas antenas de baixa ganancia polas que recibía os comandos desde terra, a 768,96 MHz. Os datos podíanse gardar nunha cinta magnética a bordo. O control de actitude conseguíase mediante propulsores de gas frío e xiroscopios, usando sensores solares, terrestres e estelares para situarse no espazo. O control térmico conseguíase mediante un circuíto de refrixeración doble usando líquido e gas que usaba dúas semiesferas nos extremos dos paneis solares como radiadores. Un compartimento presurizado contiña un sistema de imaxe e un conxunto doutros instrumentos científicos.[1][4][3][5][2][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

Venera 2 levaba os seguintes instrumentos no bus de sobrevoo[6]:

O aterrizador levaba os seguintes instrumentos[6]:

Desenvolvemento da misión

[editar | editar a fonte]

A Venera 3 engalou o 16 de novembro de 1965 a bordo dun foguete Molniya xunto cunha plataforma de lanzamento orbital coa que quedou nunha órbita terrestre. A etapa propulsora acendeuse máis tarde, poñendo a Venera 3 en camiño cara Venus, cunha corrección de traxectoria o 26 de decembro de 1965. Durante a viaxe tiveron lugar 63 sesións de comunicacións. O contacto coa nave perdeuse o 16 de febreiro de 1966, posiblemente debido ao sobrequentamento da sonda. Estímase que o aterrizador separouse do bus de maneira autónoma e que impactou en Venus o 1 de marzo de 1966, aínda que non se recibiu ningunha comunicación dela.[1][4][3][5][2][6]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2025). Real Time Satellite Tracking, ed. "VENERA 3" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2025. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Letter dated 21 December 1965 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (65-34339). 29 de decembro de 1965: 2. Consultado o 30 de setembro de 2025. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gunter Dirk Krebs (2025). Gunter's Space Page, ed. "Venera 3 (3MV-3 #1)" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2025. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Venera 3" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2025. Consultado o 30 de setembro de 2025. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Mark Wade (2025). "Venera 3MV-3" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2025. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Don P. Mitchell (2003). "Inventing The Interplanetary Probe" (en inglés). Consultado o 30 de setembro de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]