Vendula Pizingerová
(2017) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (cs) Václava Horová 18 de febreiro de 1972 Praga |
| Relixión | Xudaísmo |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Beneficencia |
| Ocupación | xerente, traballadora de caridade |
| Familia | |
| Cónxuxe | Karel Svoboda (1995–2007), morte do cónxuxe |
| Cronoloxía | |
| 5 de setembro de 2015 | voda |
| 26 de novembro de 2012 | divorcio |
| 17 de setembro de 2009 | voda |
Vendula Pizingerová, anteriormente Svobodová, nada como Václava Horová en Praga o 18 de febreiro de 1972, é unha activista checa contra a leucemia, presidenta do fondo da fundación Kapka naděje. Polo seu labor recibiu o título de muller do ano checa en varias ocasións.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia era xudía, orixinaria de Černošice. Despois de graduarse na escola secundaria, traballou nunha axencia de publicidade e logo como encargada de prensa para o Partido dos Empresarios. En 1995 casou co compositor de música popular Karel Svoboda e a parella aveciñouse en Jevany En xaneiro do ano seguinte naceu a súa filla Klárka, pero contraeu leucemia e morreu con catro anos. A raíz desa experiencia, fundou no ano 2000[1] o fondo benéfico Kapka naděje co obxectivo de recadar cartos para axudar os enfermos de leucemia e ao seu tratamento[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Profil: Vendula Svobodová". Super.CZ. 14 de abril de 2011.
- ↑ "Vendula Svobodová". Osobnosti.
| A Galipedia ten un portal sobre: República Checa |
