Vendée Globe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Esquema da ruta seguida, tentando aproveitar as correntes no Atlántico.
Esquema da ruta seguida, tentando aproveitar as correntes no Atlántico.

A Vendée Globe é unha regata de veleiros que parte da vila francesa de Les Sables-d’Olonne (Vendée, na costa atlántica francesa, de aí o seu nome) para dar a volta á Terra. Caracterízase por ser sen escalas e en solitario. O percorrido é duns 45 000 km, polo Atlántico, dobrando o cabo de Boa Esperanza, circunnavegando a Antártida polo Océano Antártico e pasando de novo ó Atlántico polo cabo de Fornos.

En 2020, a saída tivo lugar o 8 de novembro, participando 33 embarcacións. A edición será facilitada pola vixilancia da constelación de satélites Copérnico sobre os iceberg no Océano Antártico.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copernicus satellites keep eyes on icebergs for Vendée Globe". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2020-12-02.