Saltar ao contido

Norberto Velázquez Moreno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Velázquez Moreno»)
Modelo:BiografíaNorberto Velázquez Moreno

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1768 Editar o valor en Wikidata
Ortigosa de Cameros, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de outubro de 1852 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor en Wikidata
Familia
Cónxuxe1ª (1790) Mª Concepción Varela de Albín y Posse
2ª (1824) Josefa Coppa Pastera Editar o valor en Wikidata
FillosNorberto Velázquez Coppa
Editar o valor en Wikidata

Norberto Velázquez Moreno, nado en Ortigosa de Cameros (A Rioxa) o 6 de xuño de 1768 e finado en Vigo o 12 de outubro de 1852, foi un empresario e comerciante rioxano residente en Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Instalouse en Vigo dende finais do século XVIII, sendo o seu primeiro negocio un muíño de vento, sumándose máis tarde á actividade da salgadura dos empresarios cataláns no Areal.

Por Real Ordenanza de 6 de xuño de 1838,[1] da súa man, procedeuse a habilitar e acondicionar o arquipélago de San Simón para convertelo en 1842[2] nunha leprosería ou lazareto, para o que adiantou cartos.[3]

Construíu varios edificios en Vigo, entre eles o primeiro teatro de Vigo, en 1832 na actual Praza da Princesa, que funcionaría ata 1880. Fixo escolas públicas e unha casa de baños na Laxe.

Amigo de Nicolás Taboada Leal. Foi Xuíz Ordinario (alcalde) accidental e rexedor (concelleiro), chegando a ser o segundo home máis rico de Vigo, tan só por detrás do Marqués de Valladares.

En posesión da Cruz de Carlos III, o 14 de abril de 1906 o concello dedicoulle o nome dunha rúa da cidade[4] e en 1924 trasladáronse os seus restos ao panteón de vigueses ilustres do cemiterio de Pereiró.

El ayuntamiento ha acordado el traslado de los restos del historiador vigués D. Nicolás Taboada Leal y del filántropo D. Norberto Velázquez Moreno, desde el cementerio viejo, al panteón de la nueva Necrópolis, destinado a guardar los restos de vigueses ilustres.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casado en primeiras nupcias no ano 1790 con María Concepción Varela de Albín y Posse e en segundas nupcias no ano 1824 con Josefa Coppa Pastera. Foi pai de Norberto Velázquez Coppa e avó de Norberto Velázquez Barrio, ambos alcaldes de Vigo.[6]

  1. Xosé Manuel Pereira, El lazareto de San Simón Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine. Diario de Pontevedra (en castelán).
  2. As "Illas de San Simón e San Antonio" Museo do Mar de Galicia.
  3. En grata memoria por las obras públicas con que inauguró el lazareto de San Simón y engrandeció esta Ciudad, su Ilustre Ayuntamiento concedió a la Señora Viuda e hijos del difunto, la creación de este distinguido cenotafio.
    Placa no mausoleo de Pereiró.
  4. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 169. ISBN 84-87379-47-8. 
  5. "Galicia, Traslado de restos". ABC (en castelán). 7 de novembro de 1924. 
  6. González Fernández, Juan Miguel; Tizón Rodríguez, José Antonio (2004). "La burguesía mercantil viguesa del siglo XVIII. Aspectos sociales (Y II)". Revista GLAUCOPIS. Boletín IEV, N.º 10/04 (en Castelán) (INSTITUTO DE ESTUDIOS VIGUESES) (N.º 10): pp. 81–117. ISSN 1135-1810. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]