Vasilii Ermasov
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 9 de xaneiro de 1913 Volgogrado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 30 de abril de 1990 Volgogrado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | Unión Soviética | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Gardameta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 2 de maio de 1943 | Partido nas ruínas de Stalingrado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| 23 de agosto de 1942 | Batalla de Stalingrado |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Vasilii Ermasov (en ruso: Василий Владимирович Ермасов), nado en Tsaritsyn (hoxe Volgogrado) o 9 de xaneiro de 1913 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1990, foi un futbolista e adestrador soviético, que xogaba de gardameta.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol en 1932, no Krasnaya Zvezda Stalingrad. Máis tarde militou no Dinamo Stalingrad e no Metallurg Stalingrad.
En 1937 disputou co Metallurg a Copa Soviética, realizando unha destacada actuación ante o poderoso Torpedo Moscova, caendo só trala prórroga. Na seguinte campaña catro dos seus compañeiros ficharon polo Traktor Stalingrado, mentres que Ermasov fíxoo en 1940.
Durante a Gran Guerra Patria loitou na fronte e participou na batalla de Stalingrado. En maio de 1943, trala fin da dura batalla, organizou xunto a Aleksei Chuianov o histórico partido nas ruínas de Stalingrado, encontro que enfrontou a un conxunto local nomeado Dinamo de Stalingrado contra o Spartak Moscova.[1] O 3 de febreiro de 1943 concedéuselle a Medalla "Por valentía", que lle foi entregada o 2 de maio de 1943 antes do partido, xunto coa medalla "Pola defensa de Stalingrado".
Despois da súa retirada como xogador traballou como adestrador de varios equipos de fútbol de Stalingrado. Entre 1955 e 1956 foi o adestrador do Torpedo Stalingrad. Morreu aos 77 anos na propia Volgogrado.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Padilla, Toni (22 de agosto de 2025). "La defensa de Stalingrado". Panenka (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Летопись областного футбола. Царицын. Сталинград. Волгоград. 1909-1962 (en ruso). Volgogrado. 2000. p. 238.
- Sklyarenko, Aleksandr (2000). "РОТОР" от сталинградского "Трактора" до наших дней. Футбольные хроники (en ruso). Volgogrado. p. 288.