Vasili Chapáiev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vasili Chapáiev
Nome completoВасилий Иванович Чепаев
Nacemento28 de xaneiro de 1887 e 9 de febreiro de 1887
Lugar de nacementoBudayka
Falecemento5 de setembro de 1919
Lugar de falecementoLbishchensky uyezd
Causaafogamento
NacionalidadeImperio Ruso, República Russa e República Socialista Soviética Federativa de Rusia
EtniaMordovianos
Ocupaciónlíder militar
FillosAleksandr Chapayev e Arkady Chapayev
PremiosOrde do Estandarte Vermello, Medalha de São Jorge, Cross of St. George 2nd class, Cross of St. George 3rd class e Cross of St. George 4th class
Na rede
WikiTree: Чапаев-1 Find a Grave: 23733245 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Vasily Ivanovich Chapayev ou Chapáiev (en ruso: Василий Иванович Чапаев) nado o 28 de xaneiroxul./ 9 de febreiro de 1887greg. e finado o 5 de setembro de 1919, foi un soldado que chegou a ser comandante do Exército Vermello durante a Guerra civil rusa, sendo célebre pola súa actividade guerrilleira.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia pobre formada por labregos, na aldea de Budayka, na rexión de Cheboksary, gobernación de Kazán. Ao estalar a Primeira guerra mundial en 1914 incorporouse ao exército ruso e loitou como suboficial amosando coraxe até o punto de que os xefes militares tsaristas lle concederon tres veces a Cruz de San Xurxo. En setembro de 1917 Chapayev uniuse aos bolxeviques rusos e en decembro, despois da Revolución de Outubro, foi elixido polos soldados do 138º Rexemento de Infantería como o seu xefe. Máis tarde dirixiu a 25ª División de Fusileiros, participando ao longo de 1918 na loita contra o Exército Branco. Caracterizouse como un líder militar hábil, aínda que sen educación formal nin intereses académicos, pero capaz de comprender os obxectivos do Partido Bolxevique e obedecelos.

O 5 de setembro de 1919, o seu cuartel xeral de división na cidade de Lbíschensk en Casaquistán foi atacado e rodeado polas tropas do Exército Branco. Segundo fontes do goberno soviético, Chapáiev non puido deter ao inimigo porque estaba moi superado en número, e intentou afastarse nadando polo río Urais, onde foi visto con vida por última vez. Non foi posible saber con exactitude se Chapáiev morreu afogado pola forte corrente ou polas metralladoras do inimigo, porque o seu corpo nunca foi recuperado. A cidade de Lbíschensk foi máis tarde rebautizada como Chapáiev e en 1927 creouse un museo na súa memoria.

Fama póstuma[editar | editar a fonte]

Os directores da película Chapayev, Georgui e Sergei Vasiliev, nunha secuencia da película.

Despois da vitoria comunista na Guerra civil rusa, Chapayev foi glorificado como un dos heroes soviéticos máis coñecidos daquel conflito, aínda que nunca foi o líder dunha gran masa de tropas, nin estivo no nivel máis alto do mando militar soviético. A súa popularidade e fama baséanse principalmente no feito de que en 1923 apareceu na Unión Soviética a novela homónima de Dmitri Fúrmanov (outro veterano da Guerra civil rusa), onde se recompilaron as fazañas e anécdotas de Chapáyev, un texto dirixido ao público xeral e ben recibido polo réxime soviético. Baseada na novela, os directores de cine irmáns Vasiliev rodaron en 1934 a película Chapáiev que tivo un grande éxito en España durante a Segunda República Española.[1] A película gañou o premio principal na Exposición Internacional de París de 1937 .

O goberno de Stalin ordenou a realización desta película en homenaxe a Chapayev, que foi fundamental para dar a coñecer a súa vida e consolidar aínda máis o seu carácter semi-lendario e heroe popular. A este fenómeno axudou o feito de que a película narraba as actividades de Chapayev dun xeito sinxelo e o mostraba como un típico heroe ruso casual e auténtico, que relaxaba a disciplina se era necesario, mentres que, ao mesmo tempo, afastaba a rixidez dos comisarios soviéticos. o que explica que este filme manteña unha forte popularidade en Rusia até a data. Durante os anos posteriores a 1945, a cinematografía soviética foi a encargada de difundir masivamente a historia de Chapáiev en Europa do Leste, mentres que na Unión Soviética o nome de Chapáiev utilizouse para nomear varios espazos públicos (desde rúas e prazas até estadios), pero tamén como referencia cultural da poboación.

En 1996 o escritor Viktor Pelevin publicou a novela Чапаев и Пустота (Chapayev e o baleiro).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Anthony Beevor La guerra civil española Ed. Crítica (2006); pág. 156

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]