Varsha Adalja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Varsha Adalja
Varsha Adalaja 01.jpg
Nacemento10 de abril de 1940
 Bombai
NacionalidadeIndia, Raj Británico e Domínio da Índia
Alma máterNational School of Drama e Universidade de Bombaim
Ocupaciónescritora, novelista, escritora de contos e mestra
PaiGunvantrai Acharya
IrmánsIla Arab Mehta
PremiosSahitya Akademi Award e Ranjitram Suvarna Chandrak
editar datos en Wikidata ]

Varsha Mahendra Adalja, nada en Bombai o 10 de abril de 1940, é unha escritora india en lingua gujarati.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Gunvantrai Acharya, novelista gujarati, e Nilaben. A súa familia procedía de Jamnagar. Estudou Gujarati e Sánscrito na Universidade de Bombai, rematando en 1960.[1] Despois fixo un mestrado en Socioloxía en 1962.[1][2] Estudou cunha bolsa na Escola Nacional de Drama de Delhi. Traballou como locutora na radio Akashvani de Mumbai entre 1961 e 1964.

Comezou a escribir en 1966. Entre 1973 e 1976 foi editora do semanario para mulleres Sudha, e entre 1989 e 1990 foino da revista Gujarati Femina. Desde 1978 traballou no Gujarati Sahitya Parishad.[2][3][4] Traballou coas colonias de leprosos, en cárceres e cos adivasis.[5]

En 1965 casou con Mahendra Adalja. A súa irmá Ila Arab Mehta é tamén escritora.

Obra[editar | editar a fonte]

Varsha Adalja na 47 conferencia anual de Gujarati Sahitya Parishad (Consello Literario Gujarati).

Escribiu 40 libros, entre eles 22 novelas e sete libros de relatos.[5][6] Shravan Tara Saravada (1968) e Timirna Padchhaya (1969) foron as súas primeiras novelas, seguidas de Ek Palni Parakh (1969). Panch ne ek Panch (1969), Avajno Akar (1975), Chhevatnu Chhevat (1976), Pachha Farata (1991) e Pagala (1983) son novelas de suspense. Neelima Mrutyu Pami Chhe (1977) é novela de suspense e social. Atash (1976) fala da violencia en Vietnam. Bandivan (1986) fala da corrupción nos cárceres. As súas outras novelas son Ganth Chuutyani Vela (1980), Mrityudand (1996), Matinu Ghar (1991), Shag Re Shakoru (2004), Paratham Pagalu Mandiyu (2008) e Pagalu Mandu Hu Avkashma (2005). Novelas curtas son Mare Pan Ek Ghar Hoy (1971), Retpankhi (1974) e Khari Padelo Tahuko (1983), que inclúe tamén o relato Ek Karagar.[4] Ansar (1992) é a súa novela máis coñecida sobre a lepra.[4]

Os seus libros de relatos son E (1979), Sanjne Umbare (1983), Endhani (1989), Bilipatranu Chothu Paan (1994), Ganthe Bandhyu Akash (1998), Anuradha (2003) e Koi Var Thay Ke... (2004).

Mandodari (1998) é unha colección de obras de teatro para unha persoa. Aa Chhe Karagar (1986), Tirad, Shaheed (2003) e Vasanti Koyal (2006) son obras de teatro. As súas novelas Mare Pan Ek Ghar Hoy e Retpankhi foron adaptadas a serie de televisión. Timirna Padchhaya foi adaptada a teatro. Ela mesma adaptou a novela do seu pai Daridranarayan como serie de televisión e despois como obra de teatro. Produciu o filme para televisión Ansar, sobre a lepra.[2][4]

Escribiu os ensaios Prithvi Tirth (1994) e Akhu Akash Ek Pinjarma (2007), e os libros de viaxes Nabh Zukyu (2002), Ghughave Chhe Jal (2002), Shivoham (2006) e Sharanagat (2007). Editou Amar Premkathao (2000).[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1995 recibiu o Premio da Academia Sahitya pola súa novela Ansar.[7] Recibiu tamén o Premio Soviet Land Nehru Award (1976), Premio da Academia Gujarati Sahitya (1977, 1979, 1980), Premio Gujarati Sahitya Parishad (1972, 1975) e Premio K. M. Munshi (1997). Recibiu o Ranjitram Suvarna Chandrak en 2005, e os premios Nandshankar Mehta Chandrak, Saroj Pathak e Ramnarayan Pathak polos seus relatos.[2][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Daksha Vyas; Chandrakant Topiwala. "સાહિત્યસર્જક: વર્ષા અડાલજા (Writer: Varsha Adalja)". Gujarati Sahitya Parishad (en Gujarati). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Varsha Adalja, 1940-". The Library of Congress Office. New Delhi. 
  3. Kartik Chandra Dutt (1999). Who's who of Indian Writers, 1999: A-M. Sahitya Akademi. p. 13. ISBN 978-81-260-0873-5. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Brahmabhatt, Prasad (2010). અર્વાચીન ગુજરાતી સાહિત્યનો ઈતિહાસ - આધુનિક અને અનુઆધુનિક યુગ (History of Modern Gujarati Literature – Modern and Postmodern Era) (en guxarati). Ahmedabad: Parshwa Publication. pp. 258–260. ISBN 978-93-5108-247-7. 
  5. 5,0 5,1 "Varsha Adalja visits Tameside". Tameside: Tameside Metropolitan Borough Council. 15 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 2 de novembro de 2011. 
  6. Susie J. Tharu; Ke Lalita (1993). Women Writing in India: The twentieth century. Feminist Press at CUNY. pp. 465–466. ISBN 978-1-55861-029-3. 
  7. "Sanskrit Sahitya Akademi Awards 1955-2007". Sahitya Akademi. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2009. Consultado o 29 de xuño de 2009.