Saltar ao contido

Vaporwave

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vaporwave
Imaxe
 Subclase de
 Nome orixinal
Vaporwave (en) Editar o valor en Wikidata
 Epónimo
Datas
 Fundación / creación
2009 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Identificadores
Freebase/m/0_qltqd Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O vaporwave é un microxénero da música electrónica e un meme de Internet que xurdiu a comezos dos anos 2010.[1][2] A música deste estilo presenta unha característica habitual de fascinación pola música dos anos 1980 e 1990 de estilos como a música de ascensor, o smooth jazz, o R&B e a música lounge,[3][4] utilizando xeralmente samplers ou manipulando as pistas musicais con diversas técnicas e efectos.[3][5] A subcultura que arrodea ó vaporwave adoita asociarse cunha visión ambigua ou satírica do capitalismo de consumo e da cultura popular, e tende a caracterizarse por unha achega nostálxica ou surrealista ó entretemento popular, á tecnoloxía e a publicidade de décadas previas. Adoita incorporar tamén imaxinaría de Internet, elementos típicos do deseño web de finais dos anos 1990, elementos do glitch art e ilustracións cyberpunk nas portadas e vídeos musicais.[4]

Orixinado como unha variante irónica do chillwave,[6] o vaporwave ten unha certa relación coas tendencias experimentais da escena do pop hipnagonóxico de comezos dos anos 2000 liderada por produtores como James Ferraro, Daniel Lopatin e Vektroid (Ramona Xavier).[7] Trala considerada primeira mostra de vaporwave en decembro de 2011, Floral Shoppe de Vektroid, floreceu unha serie de produtores en liña inspirados na produción de música neste estilo. Este movemento acadou unha audiencia por medio de sitios web como Last.fm, Reddit e 4chan, empregando principalmente Bandcamp para a súa distribución musical.[8] A maior exposición que tivo o vaporwave a partir do ano 2012 deu lugar a unha serie de diversos subxéneros e derivados como o future funk,[9] o mallsoft[10] ou o hardvapour.[11]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. Tanner 2016, p. 3
  2. * Gerardi, Matt (9 de maio de 2017). "Behold, Donkey Kong Country remade as a glitchy vaporwave nightmare". The A.V. Club. ... this musical microgenre/internet meme's obsession with obsolete technology ... 
  3. 3,0 3,1 Han, Sean Francis; Peters, Daniel (18 de maio de 2016). "Vaporwave: subversive dream music for the post-Internet age". Bandwagon. Consultado o 7 de xaneiro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Lhooq, Michelle (27 de decembro de 2013). "Is Vaporwave The Next Seapunk?". Vice. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2014. Consultado o 10 de abril de 2014. 
  5. Gahil, Leor. "nfinity Frequencies: Computer Death". Chicago Reader. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2017. Consultado o 6 de abril de 2017. 
  6. Coleman, Jonny (1 de maio de 2015). "Quiz: Is This A Real Genre". Pitchfork. 
  7. Britton, Luke Morgan (26 de setembro de 2016). "Music Genres Are A Joke That You're Not In On". Vice. Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2017. Consultado o 28 de agosto de 2017. 
  8. Harper, Adam (7 de decembo de 2012). "Comment: Vaporwave and the pop-art of the virtual plaza". Dummy. Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2015. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  9. Beauchamp, Scott (18 de agosto de 2016). "How Vaporwave Was Created Then Destroyed by the Internet". Esquire. Consultado o 1 de abril de 2017. 
  10. Harper, Adam (5 de decembro de 2013). "Pattern Recognition Vol. 8.5: The Year in Vaporwave". Electronic Beats. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 8 de febreiro de 2014. 
  11. Arcand, Rob (12 de xullo de 2016). "Inside Hardvapour, an Aggressive, Wry Rebellion Against Vaporwave". Vice. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.