Vangelis Meimarakis
Vangelis Meimarakis | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de decembro de 1953 |
Lugar de nacemento | Atenas |
Nacionalidade | Grecia |
Etnia | Gregos |
Relixión | Igreja Ortodoxa Grega |
Alma máter | Universidade de Atenas e Panteion University |
Ocupación | político e avogado |
Pai | Ioannis Meimarakis |
Na rede | |
http://www.meimarakis.gr/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Evangelos "Vangelis" Meimarakis (en grego: Ευάγγελος "Βαγγέλης" Μεϊμαράκης), nado en Atenas o 14 de decembro de 1953), é un avogado e político grego que serviu como o presidente do parlamento grego desde 2012 a 2015, anteriormente fora ministro de defensa, entre 2006 e 2009.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Meimarakis foi un dos organizadores, en 1974, das mocidades de Nova Democracia, ONNED, liderándoa entre 1984 e 1987. Entrou no Comité Central de ND na segunda conferencia realizada en 1986. Elixido deputado por Atenas no Parlamento en 1989, revalidou o posto en todas as eleccións posteriores. Foi viceministro de cultura (1992-1993), secretario xeral de ND (2001-2006) e ministro de defensa (2006-2009). Do 29 de xuño de 2012 ao 6 de febreiro de 2015 foi presidente do Parlamento Helénico. Tras a renuncia de Antonis Samaras accedeu ao liderado interino do seu partido o 5 de xullo de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Vangelis Meimarakis Mandatos de Vangelis Meimarakis no Parlamento Helénico(inglés)