Nos Estados Unidos, o álbum vendeu máis de 27.000 copias na primeira semana do seu lanzamento, debutando no número 17 no Billboard 200. Na semana 11 do álbum nas listas do Reino Unido, alcanzou o número 15. O álbum tamén chegou o número 37 en Australia.
O primeiro sinxelo, "Mansard Roof", foi lanzado o 28 de outubro de 2007. O segundo sinxelo, "A-Punk", foi lanzado a principios de 2008. O álbum foi nomeado como o quinto mellor álbum de 2008 pola revista Times, e como o 56º mellor álbum do decenio pola revista Rolling Stone.
O álbum vendeu 498.000 copias nos Estados Unidos a principios de 2010. Foi certificado como disco de ouro nos Estados Unidos (vendas superiores a 500.000 unidades).
O álbum foi certificado como disco de ouro no Reino Unido (vendas superiores a 100.000 unidades).