Valvomo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valvomo
Valvomo no Provinssirock de 2006.
OrixeHelsinqui, Finlandia Finlandia
Período2005-2008
Xénero(s)pop, rock, ska, reggae
Selo(s) discográfico(s)Mercury Records, 2006-2008
Universal Music Group, 2006-2008
MembrosSetä, voz
Teiska, guitarra
Ville, batería
Markiisi, baixo
Na rede
http://www.valvomo.tv/
MySpace: valvomo Spotify: 5eWfQt4rQ4AevfJpmZ8tcG Musicbrainz: 542ae033-50df-4f83-8605-f438bd4066e4 Discogs: 1181802 Allmusic: mn0002072217 Editar o valor em Wikidata

Valvomo foi unha banda finlandesa de Helsinqui e Espoo. A banda é especialmente coñecida pola súa canción de 2006 "Mikä kesä?", que se converteu nun éxito do verán e permaneceu no alto da lista oficial de singles de Finlandia durante sete semanas.[1][2]

Orixinalmente a banda fundouse para tocar synthpop, mais o estilo axiña mudou a unha música rítmica bailable, na que tamén había influencias do ska. Valvomo aspirou tamén a ser unha banda política. Un exemplo disto é entre outros o tema ”Ensimmäinen kaiken ottaa” que se escoitou moito na radio.[3]

Algúns membros da banda actuaron baixo nomes artísticos, por exemplo o baixista Markiisi, tamén coñecido como Markus Lindén é coñecido tamén como ilustrador independente e ten feito xunto con Teiska, de nome real Jaakko Teittinen, a serie de libros de Pentti Hirvonen. [4][5] Eles teñen antecedentes nalgunhas formacións anteriores.[6][7]. Setä, nome co que era coñecido Alex Keskitalo, e Ville Sjöblom formaron parte tamén da banda de rock progresivo Overhead.[8] Keskitalo foi cantante e frautista da banda dende o ano 2000.[2][9].

Keskitalo traballa como programador nun despacho de avogados e fai música para o caixón do seu escritorio para o seu propio pracer.[2] É frautista convidado no álbum White Mountain da banda Kiki Pau White Mountain.[10] e corista no álbum Julius Caesarin anatomia de Joose Keskitalo.[11]

Membros[editar | editar a fonte]

  • Alex "Setä" Keskitalo: voz
  • Jaakko "Teiska" Teittinen: guitarra
  • Ville Sjöblom: batería
  • Markus "Markiisi" Lindén: baixo

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

Singles[editar | editar a fonte]

  • Ovi ois (2006)
  • Mikä kesä? (2006)
  • Ensimmäinen kaiken ottaa (promo, 2006)
  • Tiistai (promo, 2007)
  • Soo Soo (promo, 2008)
  • Matkaan (promo, 2008)

EPs[editar | editar a fonte]

  • Promo-CD (demo-EP, 2005)
  • Kesä-promo (demo-EP, 2005)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mitä mieltä olet Valvomon kesähitistä Mikä kesä?". Yle.fi (en finés). 21 de xullo de 2014. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Kajander, Riikka (29 de xullo de 2017). "Muistatko Mikä kesä -hitin vuodelta 2006? Tekijä ei suostu enää laulamaan biisiä kuin karaokessa". Ilta-Sanomat (en finés). Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  3. "Ottaako ensimmäinen kaiken?". Helsingin Sanomat (en finés). 3 de setembro de 2006. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  4. "Markus Lindén" (en finés). minervakustannus.fi. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  5. "Lindén, Markus - Kirjasampo" (en finés). kirjasampo.fi. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  6. "Markus Lindén" (en finés). Discogs. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  7. "Jaakko Teittinen" (en finés). Discogs. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  8. "Entrevista a Overhead" (en finés). Imperiumi.net. 2 de febreiro de 2009. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  9. "OVERHEAD: ZUMANTHUM" (en finés). Palasokeri.com. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  10. "Kiki Pau - White Mountain" (en finés). Discogs. Consultado o 8 de xullo de 2022. 
  11. "Keskitalo, Joose : Julius Caesarin anatomia" (en finés). levykauppax.fi. Consultado o 8 de xullo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]