Valon Berisha

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Valon Berisha
Valon Berisha17.JPG
Berisha co Red Bull Salzburg en 2012
Información persoal
Nome completo Valon Berisha
Nacemento 7 de febreiro de 1993
Lugar Malmö, Suecia,
Altura 1.78
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
1998–2009 Egersund
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2008–2009 Egersund 31 (11)
2010–2012 Viking 56 (4)
2012– Red Bull Salzburg 114 (21)
Selección nacional
2010 Noruega sub-15 4 (0)
2009 Noruega sub-16 10 (2)
2010 Noruega sub-17 8 (0)
2010 Noruega sub-18 7 (0)
2011 Noruega sub-19 8 (0)
2011–2014 Noruega sub-21 18 (3)
2013 Noruega sub-23 1 (1)
2012–2016 Noruega 20 (0)

* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 5 de setembro de 2016 (UTC)
† Aparicións (Goles)

‡ Actualizado a 11 de outubro de 2016 (UTC)

Valon Berisha, nado en Malmö o 7 de febreiro de 1993, é un futbolista noruegués-kosovar que xoga como centrocampista do Red Bull Salzburg na Bundesliga austríaca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Berisha xogando co Red Bull Salzburg o 10 de abril de 2016 contra o Admira

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

Berisha naceu en Suecia de pais inmigrantes de etnia albanesa de Kosovo, mais medrou na localidade norueguesa de Egersund, ao sur de Stavanger.[1] Xogou como infantil e xuvenil no club local, o Egersunds IK."[2] O 20 de xuño de 2008, con 15 anos, debutou co equipo principal do Egersunds contra o Staal Jørpeland IL na terceira división norueguesa. As súas boas actuacións impresionaron ao Viking FK, co que firmou en marzo de 2009. Berisha pasou tres períodos de proba na Premier League co Chelsea cando contaba 14 e 15 anos, mentres tamén pasaba tempo co Manchester City e co Aston Villa.[3] Non obstante, Berisha decidiu non firmar contrato en Inglaterra e seguir en Noruega.[4]

Viking FK[editar | editar a fonte]

Berisha fixo o seu debut na Tippeligaen contra o Brann o 21 de marzo de 2010, substituíndo a Vidar Nisja no minuto 85.,[5] e nesa tempada realizou un total de doce aparicións na liga. O 31 de outubro marcou o seu primeiro gol nun empate 1-1 contra o Lillestrøm.[4] En maio do ano seguinte, Berisha gañou o premio Statoil ao talento.[6]

Na tempada 2011 Berisha converteuse nun dos xogadores titulares, xogando o 88% do tempo máximo posible, non obstante xogar principalmente na banda esquerda, a medida que pasaba a tempada favorecía máis a posición de centrocampista.[7] O 19 de xuño de 2011, Valon e o seu irmán Veton convertéronse nos primeiros irmáns para xogar xuntos co Viking en 22 anos dende que Jan e Egil Fjetland xogaran contra o Molde ns final da Copa de Noruega de 1989.

Red Bull Salzburg[editar | editar a fonte]

En xullo de 2012, Berisha firmou co Red Bull Salzburg canda o tamén noruegués Håvard Nielsen[8] Tras unha breve enfermidade debutou contra o Admira o 18 de agosto de 2012

Carreira internacional[editar | editar a fonte]

Berisha participou coa selección norueguesa, nas súas diferentes categorías, en máis de corenta ocasións.[9]

A súa primeira convocatorio coa selección absoluta foi o 23 de novembro de 2011 para participar na King's Cup de Tailandia de 2012 e debutou o 15 de xaneiro substituíndo a Alexander Søderlund no minuto 62 nun empate 1-1 contra un combinado danés.[10] Convocado tamén o 14 de febreiro de 2012 contra Irlanda do Norte xogou o 29 de febreiro de 2012.[11]

En 2016, logo que se admitira a Kosovo como membro da FIFA dicidiu xogar coa selección do país onde naceran seus pais.[12] Debutou con Kosovo o 5 de setembro e marcou un penalti no minuto 60 que permitiu o empate 1-1 contra Finlandia nun partido de cualificación da Copa do Mundo.[13]

Notas[editar | editar a fonte]