Saltar ao contido

Vales, A Pobra do Brollón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vales, Piño, A Pobra do Brollón»)
Vales
ParroquiaPino, Veiga
ConcelloA Pobra do Brollón
Coordenadas42°36′23″N 7°25′02″O / 42.606279, -7.417166
Poboación5 hab. (2024)
[ editar datos en Wikidata ]

Vales é un lugar do concello da Pobra do Brollón dividido entre as parroquias de Pino e Veiga. Contaba en 2024 cunha poboación de 5 habitantes (2 homes e 3 mulleres), segundo o Instituto Galego de Estatística[1]. Todos eles pertencen a Pino, xa que a Veiga só pertence unha das casas do lugar, que está deshabitada e abandonada. Está situado a 437 m de altitude.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O nome do lugar provén do plural do termo en latín Vallis, co significado de val.[2]

Encontramos documentos referíndose a Vales do ano 1220. Houbo unha granxa císter na parte de Vales pertencente a Veiga. Esta granxa pertenceu aos monxes do mosteiro de Santa María de Oseira dende o século XIII, sendo para eles unha gran fonte de ingresos polos seus produtos e rendas.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Pino

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Pino no concello da Pobra do Brollón (Lugo)

Corral da Gándara | O Lugar | O Pacio | Requeixo | Suhortos | Vales

Lugares de Veiga

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Veiga no concello da Pobra do Brollón (provincia de Lugo)

O Campo | Centeais | Cortiñas | Outeiro | Picais | A Ponte | Vales

Parroquias da Pobra do Brollón

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias da Pobra do Brollón

Abrence (San Xoán) | Barxa de Lor (Santa Mariña) | Canedo (San Miguel) | Castroncelos (Santiago) | Castrosante (Santa Mariña) | Cereixa (San Pedro) | Eixón (San Xurxo) | Ferreiros (San Salvador) | A Ferreirúa (San Martiño) | Fornelas (Santa Comba) | Lamaigrexa (San Pedro) | Liñares (San Cosme) | Óutara (Santa María) | Parada dos Montes (Santa Einés) | Pinel (Santa María) | Pino (Santa María) | A Pobra do Brollón (San Pedro) | Saa (Santa María) | Salcedo (San Xoán) | Santalla de Rei (Santalla) | Veiga (San Xián) | Vilachá de Salvadur (San Mamede)

  1. "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2024". www.ige.gal. Consultado o 2025-09-03.
  2. Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.


Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]