Hipólita Moíño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Valentina Lago-Valladares»)
Infotaula de personaHipólita Moíño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoFerrol, España Editar o valor em Wikidata
Mortemaio de 1917 Editar o valor em Wikidata
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestra , escritora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosFederico Landrove Moíño Editar o valor em Wikidata

Hipólita Moíño Lago, coñecida co pseudónimo de Valentina Lago-Valladares, nada en Ferrol e finada en Valladolid en maio de 1917, foi unha escritora galega en galego e castelán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou a carreira de Maxisterio e foi profesora de ensino primario en Ferrol. Seguidora de Concepción Arenal. Colaborou en Almanaque de Ferrol, Revista Gallega, El Correo Gallego, e dun xeito máis esporádico no madrileño El Correo de la Moda, El Regional, El Faro de Ferrol, Suevia, Almanaque Gallego, El Eco de Galicia e Vida Gallega. Publicou diversos contos na prensa entre 1896 e 1920 e foi membro correspondente da Real Academia Galega, entre as súas narracións máis coñecidas salientan A lus da morte (1896) e Contos da Terriña (1906). Dende 1914 viviu en Valladolid co seu fillo Federico, catedrático da Normal desta cidade, onde finou en maio de 1917.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Gerardo Landrove Timiraos, maquinista maior da Armada, e foi nai de Gerardo, Rosa e Federico Landrove Moíño.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en El Regional, 14-5-1917, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]