Valentín de Nóvoa
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1823 Ourense, España |
Morte | 29 de outubro de 1895 (71/72 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Valentín de Nóvoa, nado en Ourense en 1823 e finado na mesma cidade o 29 de outubro de 1895[1] foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Escritor católico e carlista. Foi desterrado de Ourense durante a guerra carlista. Colaborou en La Regeneración e El Pensamiento Español onde adquiriu fama de polemista. Tamén colaborou en La Esperanza, El Correo Español, La Fe e Revista de Galicia. Fundou e dirixiu La Voz del País (1869) e La Lealtad (1892-1895). Publicou o folleto El Divorcio (1884). En galego escribiu "Resposta oa "Rechamo", provocada polo poema de Pintos.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Amalia Requejo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Correo de España, 8-12-1895, p. 19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Carballo Calero, Ricardo (1981). Historia da literatura galega contemporánea 1808-1936. Vigo: Galaxia. p. 461. ISBN 84-7154-390-7.