Valentín Lois Sobrino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Valentín Lois Sobrino
AlcumeBarouteiro
Nacemento1899
Lugar de nacementoRibadavia
Falecemento16 de febreiro de 1937
Lugar de falecementoVentosela
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Valentín Lois Sobrino, coñecido como Barouteiro, nado en Ribadavia cara a 1899 e finado en Ventosela o 16 de febreiro de 1937, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Durante a Segunda República estivo afiliado á Sociedad de Agricultores de Valdepereira, adscrita á CNT do Ribeiro, fundada por José Bóveda Formigo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi xulgado en Ourense por rebelión militar e declarado en rebeldía. Foi localizado por un grupo de gardas civís e falanxistas na súa casa de Val de Pereira o 16 de febreiro de 1937 e foi asasinado, aínda que a versión oficial di que se suicidou.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Valdepereira: agrarismo e anarquismo no Ribeiro
  2. El Compostelano, 20-2-1937, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]