Val d'Isère
| Val-d'Isère (fr) | |||||
| Epónimo | Río Isère | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Auvernia-Ródano-Alpes | ||||
| Departamento | Savoia | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.567 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Situado na entidade territorial estatística | Q108921883 | ||||
| Superficie | 94,39 km² | ||||
| Bañado por | Río Isère | ||||
| Altitude | 1.850 m-1.785 m-3.599 m-2.539 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 73150 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Sitio web | valdisere.fr | ||||
Val d'Isère (en francés) ou Lavâl en (francoprovenzal, non oficial), é un concello alpino francés, pertencente ao departamento de Savoia e á rexión de Ródano-Alpes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello de Lavâl está situado a unha grande altitude, entre os 1785 m e os 3599 m sobre o nivel do mar, o que o converte nun dos máis elevados de todo o continente. Escasamente poboado (1753 habitantes en 2006[1]), e cunha extensión de 94,39 km², vive fundamentalmente do turismo de inverno. O núcleo principal de poboación sitúase no punto de cruzamento de tres vales, e ao pé do macizo da Sassière.
A estación de esquí de Val d'Isère conta con 47 remontes, 79 pistas de esquí alpino (150 km) e 8 pistas de esquí de fondo (20 km)
Historia, cultura, monumentos
[editar | editar a fonte]Ben pouco se coñece de Val d'Isère, pois ata o século XX era unicamente un conxunto de campos onde pacía gando de montaña, e onde vivía moi pouca xente, illada do resto durante boa parte do ano. Con todo, conserva unha pequena igrexa barroca do século XVIII. Nos anos trinta do século XX comeza a construción da estación de esquí, fundamentalmente grazas ao traballo dos labregos locais e dos burros, que facían o transporte de material a unha zona incomunicada. En 1932 inaugúrase a primeira telecabina, ao tempo que comezan a desenvolverse os recursos hostaleiros. En 1933 ábrese o primeiro remonte, o Rogoney. O 10 de febreiro de 1970 prodúcese unha avalancha na Sassière, a 3.206 m de altura, que sepulta 39 mozos.
Val d'Isère é un punto habitual de saída e chegada do Tour de Francia. Acolleu ademais diversas probas nos Xogos Olímpicos de Albertville 1992 e nela celebraranse os campionatos mundiais de esquí de 2009.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web turística oficial de Lavâl
- Web oficial dos mundiais de esquí alpino de 2009 Arquivado 08 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
