Víctor Moro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Víctor Moro Rodríguez»)
Víctor Moro
Nacemento25 de abril de 1926
Lugar de nacementoRibadeo
Falecemento15 de decembro de 2021
Lugar de falecementoBaíña
NacionalidadeEspaña
Ocupacióneconomista, político e empresario
PremiosCreu de Sant Jordi, Orde do Mérito Constitucional, Cruz do Mérito Naval con distintivo branco e fillo predilecto
Na rede
Dialnet: 2430991
editar datos en Wikidata ]

Víctor Moro Rodríguez, nado o 25 de abril de 1926 en Ribadeo e finado o 15 de decembro de 2021 en Baíña (Baiona),[1] foi un empresario e político galego centrista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como economista[editar | editar a fonte]

Marchou de Ribadeo a Ferrol, logo de aprobar unhas oposicións ao Banco Pastor[2]. Fixo o servizo militar destinado no Ministerio da Mariña, en Madrid, onde aproveitou para estudar Economía. Logo de licenciarse empezou a súa carreira política vencellado ao Banco de España, onde entrou como técnico en 1948.[3] Ascendeu a interventor aos dous anos (1950), na delegación de Murcia, e despois dunha década aló aprobou unha segunda oposición, para interventor de sucursais, que aprobou co número 1 en toda España (1960-62)[2]. Marchou á empresa privada para ser director financeiro e administrativo[2] de Pescanova en 1962, cargo que mantivo ata 1975[3] e no que conseguiu "situar a Galicia e a España á cabeza da industria pesqueira mundial".[4]

Logo do paso pola política, regresou ao Banco de España como director da sede de Vigo (1980)[5], Cataluña (con sede en Barcelona, desde 1982) e posteriormente, desde 1992, subdirector xeral nas oficinas centrais de Madrid.

Tamén formou parte do consello de administración da construtora San José (1995-1999) e Unión Fenosa (1997-2002). Nas últimas décadas de vida foi presidente da consultora Solventis[5], da que son socios os seus dous fillos, Alberto Moro e Pablo Moro, e da distribuidora Vima Foods,[6] da que era accionista o seu outro fillo, Víctor Moro Suárez, dedicada á distribución de alimentación en Cuba, e en 2021 con sede en Panamá. Tamén foi conselleiro da empresa de plásticos Poligal (1996-2021[Cómpre referencia]). Ademais foi vicepresidente de Inesga, unha sociedade de consultoría e investimento participada pola Xunta de Galicia (2002-13)[5].

Como político[editar | editar a fonte]

A súa carreira como político comezou ao remate do franquismo, cando foi nomeado director xeral de Pesca Marítima dentro do Ministerio de Comercio que dirixía Leopoldo Calvo-Sotelo.[6] Membro da Xunta Democrática,[7] nas eleccións xerais de 1977, as primeiras tras o retorno da democracia, saíu elixido como deputado pola provincia de Pontevedra nas filas da UCD e foi vogal da Comisión de Economía e facenda do Congreso dos Deputados. Foi tamén o principal impulsor do Acordo de pesca con Marrocos.[8]

Ocupou o escano durante dous anos, ata o remate de 1978 e, nese tempo, foi un decidido defensor dos intereses de Galicia e, mesmo, se opuxo a que a UCD,o seu propio partido aprobase un estatuto de autonomía para Galiciainferior ós de Cataluña e Euskadi, asemellándoo ó de Andalucía.[9][10]

Durante ese tempo desempeñou o cargo de subsecretario xeral de Pesca e da Mariña Mercante no Ministerio de Transportes e Comunicacións, baixo a dirección, primeiro de José Lladó e logo de Salvador Sánchez-Terán. Atribúeselle a reforma legal que permitiu a creación de empresas pesqueiras mixtas (hispanomarroquís) e o primeiro acordo pesqueiro con Marrocos.[8]

En 1979 encabezou a candidatura da UCD ao concello de Vigo e venceu nas eleccións municipais conseguindo o 30,19 por cento dos votos.[11] Porén, o pacto das esquerdas levou a Manoel Soto á alcaldía e sentou a Moro como líder da oposición municipal. Deixou a política activa uns meses despois, en 1980, por uns anos, e regresou como membro de Coalición Galega. Durante uns meses foi o líder da formación, posto do que dimitiu en 1984.[12]

Candidato á Xunta de Galicia[editar | editar a fonte]

En diversos momentos, especulouse sobre a posibilidade de se converter en candidato á presidencia da Xunta de Galicia. En 1978, tiña o apoio dunha parte da UCD e da esquerda.[13] Algo semellante, sucedeu en 1985, pero se frustrou igualmente fronte aos problemas de Coalición Galega.[14]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo
Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Genoveva Suárez, e tivo catro fillos.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez, Julio (2021-12-15). "Muere el economista y político Víctor Moro a los 95 años". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2021-12-15. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Víctor Moro". www.crtvg.es. 03/05/2014. Consultado o 2021-12-15. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Redacción (16 de decembro de 2021). "Ribadeo despide a su hijo predilecto, Víctor Moro, fallecido a los 95 años". cope.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  4. Europa Press (15 de decembro de 2021). "Fallece el economista Víctor Moro, excargo del Banco de España y de Pescanova". europapress.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "Víctor Moro Rodríguez". www.solventis.es. Consultado o 2021-12-15. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 Cabrero, S. (16 de decembro de 2021). "Fallece Víctor Moro, economista y exdirector del Banco de España en Cataluña". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  7. "La nominación de Rosón..." El País, 9/3/1978 (en castelán).
  8. 8,0 8,1 "Acuerdo de cooperación en materia de pesca marítima entre el Gobierno del Reino de España y el Gobierno del Reino de Marruecos". congreso.es (en castelán). 15 de febreiro de 1978. Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  9. 9,0 9,1 Vázquez Sola, Manuel (2008-01-13). "El político que nunca mandó". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-12-15. 
  10. Ramos, Fernando (15 de decembro de 2021). "Fallece el economista y político Víctor Moro a los 95 años". laregion.es (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  11. 11,0 11,1 Ramos, Fernando (15 de decembro de 2021). "Fallece el economista Víctor Moro a los 95 años". atlantico.net (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  12. Jáuregui, Fernando (19 de maio de 1985). "Coalición Galega acepta la renuncia de Víctor Moro". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  13. González Martín, Gerardo (15 de xaneiro de 1978). "Víctor Moro, posible rival de Pío Cabanillas, a la presidencia de la Xunta". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  14. Redacción/EFE (11 de maio de 1985). "Víctor Moro formalizará". elpais.com (en castelán). Consultado o 4 de agosto de 2022. 
  15. Alonso Quelle, J. "El pleno de Ribadeo aprobará el jueves los nombramientos de hijo predilecto y adoptivos". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de agosto de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]