Víctor Martínez Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Víctor Martínez Rodríguez
Nacemento1900
Lugar de nacementoLugo
Falecemento22 de maio de 1937
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado e político
editar datos en Wikidata ]

Víctor Martínez Rodríguez, nado en Lugo en 1900 e finado na mesma cidade o 22 de maio de 1937, foi un avogado e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1931, foi secretario xeral da FUE.[1] Avogado establecido en Monforte de Lemos, militou na ORGA e despois integrouse en Izquierda Republicana da que foi elixido presidente da agrupación local en 1935. En marzo de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido tenente alcalde de Monforte.[2] Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 3 de agosto e xulgado en Lugo por rebelión militar. Condenado á pena de morte, foi fusilado o 22 de maio de 1937.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, 17-6-1931, 7.
  2. La Voz de Galicia, 13-6-1936, p. 2.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]