Vía do metileritritol fosfato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Vía alternativa á do mevalonato»)

A vía do metileritrol fosfato (vía MEP/DOXP, vía MEP) tamén chamada vía non do mevalonato (do inglés non-mevalonate pathway) ou vía alternativa á do mevalonato ou independente do mevalonato é unha vía metabólica para a síntese de isoprenoides que orixina a formación de isopentenil pirofosfato (IPP) e dimetilalil pirofosfato (DMAPP) a través dos compostos 2-C-metil-D-eritritol 4-fosfato (MEP) e 1-desoxi-D-xilulosa 5-fosfato (DOXP), en lugar de pola vía do mevalonato clásica.[1][2][3]

Diversidade da biosíntese de isoprenoides[editar | editar a fonte]

A vía do mevalonato clásica ou vía da HMG-CoA redutase é unha importante vía metabólica celular presente en todos os eucariotas superiores e moitas bacterias. É importante para a produción de IPP e DMAPP, os cales serven de base para a biosíntese de moléculas utilizadas en procesos tan diversos como a prenilación de proteínas, mantemento das membranas celulares, hormonas, ancoramento de proteínas e N-glicosilación.

En contraste coa vía do mevalonato clásica da biosíntese de isoprenoides, as plantas e os protozoos apicomplexos, como os parasitos causantes da malaria, teñen a capacidade de producir os seus isoprenoides (terpenoides) utilizando unha vía alternativa, chamada vía non do mevalonato, que ten lugar nos seus plastidios.[4] Ademais, a maioría das bacterias, incluíndo importantes patóxenos como o Mycobacterium tuberculosis, sintetizan IPP e DMAPP por esta vía alternativa.

Reaccións[editar | editar a fonte]

As reaccións da vía son as seguintes:[5]

Reactantes Encima Produto
Piruvato e gliceraldehido 3-fosfato DOXP sintase (Dxs) 1-Desoxi-D-xilulosa 5-fosfato (DOXP)
DOXP DOXP redutase (Dxr, IspC) 2-C-metileritritol 4-fosfato (MEP)
MEP 2-C-metil-D-eritriol 4-fosfato citidiltransferase (YgbP, IspD) 4-difosfocitidil-2-C-metileritritol (CDP-ME)
CDP-ME 4-difosfocitidil-2-C-metil-D-eritritol quinase (YchB, IspE) 4-difosfocitidil-2-C-metil-D-eritritol 2-fosfato (CDP-MEP)
CDP-MEP 2-C-metil-D-eritritol 2,4-ciclodifosfato sintase (YgbB, IspF) 2-C-metil-D-eritritol 2,4-ciclopirofosfato (MEcPP)
MEcPP HMB-PP sintase (GcpE, IspG) (E)-4-hidroxi-3-metil-but-2-enil pirofosfato (HMB-PP)
HMB-PP HMB-PP redutase (LytB, IspH) IPP e DMAPP

Inhibición[editar | editar a fonte]

A fosmidomicina inhibe especificamente a DOXP redutoisomerase, un encima clave na vía alternativa á do mevalonato, polo que representa un candidato atractivo para usarse como antibiótico ou fármaco antimalárico.[6][7]

Activación de células T[editar | editar a fonte]

O intermediato desta vía o HMB-PP é o activador natural das células T Vγ9/Vδ2 humanas, que é a maior poboación de células T γδ no sangue periférico.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Rohmer M; Rohmer, Michel (1999). "The discovery of a mevalonate-independent pathway for isoprenoid biosynthesis in bacteria, algae and higher plants". Nat Prod Rep 16 (5): 565–574. PMID 10584331. doi:10.1039/a709175c. 
  2. W. Eisenreich, A. Bacher, D. Arigoni and F. Rohdich (2004). "Review Biosynthesis of isoprenoids via the non-mevalonate pathway". Cellular and Molecular Life Sciences 61 (12): 1401–1426. PMID 15197467. doi:10.1007/s00018-004-3381-z. 
  3. William N. Hunter (2007). "The Non-mevalonate Pathway of Isoprenoid Precursor Biosynthesis". The Journal of Biological Chemistry 282 (30): 21573–21577. doi:10.1074/jbc.R700005200.  PDF Arquivado 01 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine.
  4. Lichtenthaler H (1999). "The 1-Deoxy-D-xylulose-5-phosphate pathway of isoprenoid biosynthesis in plants". Annu Rev Plant Physiol Plant Mol Biol 50: 47–65. PMID 15012203. doi:10.1146/annurev.arplant.50.1.47. 
  5. Eisenreich W, Bacher A, Arigoni D, Rohdich F (June 2004). "Biosynthesis of isoprenoids via the non-mevalonate pathway". Cell. Mol. Life Sci. 61 (12): 1401–26. PMID 15197467. doi:10.1007/s00018-004-3381-z. 
  6. Jomaa H, Wiesner J, Sanderbrand S; et al. (September 1999). "Inhibitors of the nonmevalonate pathway of isoprenoid biosynthesis as antimalarial drugs". Science 285 (5433): 1573–6. PMID 10477522. doi:10.1126/science.285.5433.1573. 
  7. C. Zinglé, L. Kuntz, D. Tritsch, C. Grosdemange-Billiard and M. Rohmer (2010). "Isoprenoid Biosynthesis via the Methylerythritol Phosphate Pathway: Structural Variations around Phosphonate Anchor and Spacer of Fosmidomycin, a Potent Inhibitor of Deoxyxylulose Phosphate Reductoisomerase". J. Org. Chem. 75 (10): 3203–3207. doi:10.1021/jo9024732. 
  8. Eberl M, Hintz M, Reichenberg A, Kollas AK, Wiesner J, Jomaa H (June 2003). "Microbial isoprenoid biosynthesis and human gammadelta T cell activation". FEBS Lett. 544 (1-3): 4–10. PMID 12782281. doi:10.1016/S0014-5793(03)00483-6.