Vía Aurelia
Tipo | Vía romana estrutura romana ![]() | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | Lazio, Italia, Toscana, Italia, Liguria, Italia e Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia ![]() | ||
Características | |||
Monumento histórico clasificado | |||
Data | 15 de marzo de 1909 | ||
Identificador | PA00081398 | ||

A Vía Aurelia, é unha vía romana en Italia construída aproximadamente no 241 a.C. O proxecto foi asumido por Gaius Aurelius Cotta, que naquel momento era censor.[1] Cotta tiña unha historia na construción de estradas para Roma, xa que supervisara a construción dunha estrada militar en Sicilia (como cónsul no 252 a. C., durante a Primeira Guerra Púnica) que conectaba Agrigentum (moderno Agrigento) e Panormus (moderno Palermo).[2]
Antecedentes
[editar | editar a fonte]Na República media, construíronse unha serie de estradas por toda Italia para atender as necesidades da expansión romana, incluíndo rápidos movementos do exército e unha comunicación razoablemente rápida coas colonias romanas espalladas por toda Italia. Tamén houbo a consecuencia non desexada (pero beneficiosa) dun aumento do comercio entre as cidades italianas e Roma. As estradas estandarizáronse a 4´6 metros de largo permitindo o paso de dous carros, e a distancia marcouse con miliarios.[3]
A Vía Aurelia construíuse como parte desta campaña de construción de estradas, que comezou no 312 a. C. coa construción da Vía Appia. Outras vías incluídas neste período de construción foron a Via Amerina (c. 231 a.C.), Flaminina, Clodia, Aemilia, Cassia, Valeria (c.) e Cassia (c.) e Cacilia (Ccilia) 283 a.C.).[4]
Trazado
[editar | editar a fonte]A Vía Aurelia atravesaba o Tíber pola ponte "Pons Aemilius", e saía de Roma polo seu lado occidental. Despois de que o emperador Aureliano construíse unha muralla arredor de Roma (c. 270–273 d.C.), a Vía Aurelia saía pola Porta Aurelia. A estrada discorría despois uns 40 km. ata Alsium na costa do Tirreno, e cara o norte pola costa ata Vada Volaterrana, Cosa e Pisae (actual Pisa). Alí remataba a lonxitude orixinal da Vía Aurelia.[5]
Esta foi unha ruta especialmente importante durante a República temperá e media porque unía Roma, Cosa e Pisae. Cosa era unha importante colonia e posto militar en Etruria, e Pisae era o único porto entre Xénova e Roma. En consecuencia, foi unha importante base naval para os romanos nas súas guerras contra os Ligures, Galos e Cartaxineses.[6]
A Vía Aurelia prolongouse máis tarde en 320 km. no 109 a. C. pola Vía Aemilia Scauri, construída por M. Aemilius Scaurus. Esta estrada levaba a Dertona (actual Tortona), Placentia, Cremona, Aquilea e Genua, desde onde os viaxeiros podían continuar a Gallia Narbonensis (sur de Francia) a través da Vía Postumia].
Isto sucedeu trala reconstrución parcial da estrada pola mesma persoa durante o seu consulado no 119 a. C..[7]
Na época do alto Imperio, os viaxeiros podían ir desde Roma pola Vía Aurelia a través dos Alpes pola Via Iulia Augusta ata o norte de Francia ou a Gades (actual Cádiz, España).[8]
A moderna Strada Statale 1 Aurelia ocupa a mesma ruta, e coloquialmente aínda coñécese como La Via Aurelia.
Pontes romanas
[editar | editar a fonte]Hai restos de varias ponte romana ao longo da estrada, incluíndo a Cloaca di Porta San Clementino, a Ponte do Diavolo, a Primo Ponte e a Secondo Ponte (as tres últimas en Santa Marinella).[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hornblower, Simon, & Antony Spawforth. The Oxford Classical Dictionary. 3rd ed. Oxford: Oxford University Press, 1996.
- ↑ The Cambridge Ancient History. [New] ed. London: Cambridge University Press, 1970. Volume 7, p. 548 & 643
- ↑ Via Aurelia: The Roman Empire's Lost Highway Arquivado 2009-06-05 en Wayback Machine. Smithsonian Magazine, xuño 2009
- ↑ The Cambridge Ancient History. [Novo] ed. París: Cambridge University Press, 1950. Volume 8, páx. 484.
- ↑ Platner, Samuel Ball. A Topographical Dictionary of Ancient Rome. London, Oxford University Press, H. Milford, 1929. pg. 561.
- ↑ Boatwright, Mary T., Daniel J. Gargola & Richard J.A. Talbert. A Brief History of the Romans. Oxford University Press, New York, US, 2006. pp. 48-49.
- ↑ Fentress, E., 'Via Aurelia, Via Aemilia', Papers of the British School at Rome LII, 1984, pp. 72-76
- ↑ Boumphrey, Geoffrey Maxwell. Along the Roman Roads. London: Allen & Unwin, 1935.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vía Aurelia ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Samuel Ball Platner, Via Aurelia, from A Topographical Dictionary of Ancient Rome (London: Oxford University Press, 1929).
- Joshua Hammer, Via Aurelia: The Roman Empire's Lost Highway, Smithsonian magazine, June 2009.
- Omnes Viae: Via Aurelia on the Tabula Peutingeriana