Saltar ao contido

Vágar (concello)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vágar
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de xaneiro de 2009 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Substitúe
Localización
 Situado en
 Situado na entidade xeográfica
Vágar (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Capital
 Irmandado con
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
1.962 (2014)
2.185 (2026) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   102,8 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postalFO 370 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0dddvc8 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

Vágar é un concello das Illas Feroe que comprende a metade oriental da Illa de Vágar. En 2011 tiña unha poboación de 1.940 habitantes e a súa capital é a vila de Miðvágur.

O primeiro concello de Vágar fundouse no 1911 e incluía toda a illa homónima. Foi de curta duración, pois en 1914 dividiuse en catro concellos diferentes: Miðvágur, Sandavágur, Sørvágur e Bøur. O concello de Vágar formouse o 1 de xaneiro de 2009 coa fusión dos concellos de Miðvágur e Sandavágur e, a diferenza do primeiro, tan só a parte oriental da illa forma parte do concello, xa que a porción occidental da illa pertence ao concello de Sørvágur.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O concello de Vágar tiña en 2011 unha poboación estimada de 1.940 persoas. Dentro dos seus límites atópanse 3 localidades: Miðvágur, Sandavágur e Vatnsoyrar. A maior localidade é Miðvágur, que ademais é a sede administrativa do concello.[1]

LocalidadePoboación
Miðvágur1.059
Sandavágur828
Vatnsoyrar53
Total1.940

Política

[editar | editar a fonte]

En 2008 realizáronse as primeiras eleccións para o novo concello de Vágar, que fundouse oficialmente o 1 de xaneiro de 2009. Postuláronse catro listas independentes, das cales tres repartíronse os 12 postos do concello. Albert Ellefsen, do Fólkaflokkurin, ocupa o cargo de alcalde, aínda que a súa lista non tivo a maioría dos votos nas eleccións.