Uta von Ballenstedt
![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1000 (Gregoriano) ![]() Ballenstedt, Alemaña ![]() |
Morte | c. 23 de outubro de 1046 ![]() Meißen, Alemaña ![]() |
Lugar de sepultura | Catedral de Naumburg (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Outro | |
Título | Margrave ![]() |
Familia | House of Ascania (en) ![]() ![]() |
Cónxuxe | Eckard II, Margrave of Meissen ![]() |
Pai | Adalberto I de Ballenstedt ![]() |
Irmáns | Esico of Ballenstedt Hazecha de Ballenstedt ![]() |
![]() |
Uta von Ballenstedt, nada contra o 1000 e finada o 23 de outubro de antes de 1046, foi unha nobre alemá da Casa de Ascania e Margravine de Meissen desde 1038 até 1046, por matrimonio co margrave Ecardo II. É tamén coñecida como Uta de Naumburgo polo retrato feito polo Mestre de Naumburgo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñécense poucos datos de Uta. Era probabelmente a irmá do conde saxón Esico de Ballenstedt, quen se converteu no proxenitor da dinastía Ascania. Considérase que é filla do conde Adalberto de Ballenstedt e Hidda, filla do margrave de Lusatia Odo I (965-993). Con todo, estes nomes non figuran rexistrados en fontes contemporáneas.
Segundo as crónicas de Naumburgo do século XIII, o pai de Uta casouna contra 1026 con Ecardo II, o irmán máis novo do margrave Herman I de Meissen. Crese que foi por razóns políticas, para favorecer o ascenso da dinastía Ascania. Ecardo, partidario leal do rei salio Henrique III, sucedeu ao seu cuñado Teodorico II como margrave de Lusatia e en 1038 tamén asumiu o poder en Meissen trala morte do seu irmán máis vello. Con todo, o seu matrimonio con Uta ficou sen descendencia, o que supuxo a extinción da dinastía Ekkeharding.
Cando Uta morreu, o seu marido doou gran parte do seu dote ao convento de Gernrode, na terra natal de Uta. A irmá dela,Hazecha, fora nomeada abadesa alí por Henrique III en 1044. Os demais bens foron para a emperatriz Inés de Poitou.
Retrato
[editar | editar a fonte]Uta estaba entre os benefactores da catedral de Naumburgo, polo que no século XIII erixiuse unha estatua pintada na súa honra. O coro oeste, de estilo gótico temperán, foi construído cunha galería elevada na que se retrata aos fundadores. A representación a tamaño natural dun grupo de 12 persoas da alta nobreza é algo único na historia da arte, xa que entre elas non estaban nin o emperador nin o rei. Similar ao Xinete de Bamberg, neste caso unha representación individual, está considerada unha obra mestra da arte gótica.
Dende inicios do século XX a imaxe idealizada de Uta co seu característico colo foi publicada en numerosos libros de historia da arte e en guías de viaxes. Converteuse nunha icona do "carácter" xenuíno alemán e da cultura, contrastada decote coa estatua de Naumburgo da margravina Regelinda como o estereotipo de «muller polaca sorrindo». O réxime nazi apropiouse deste retrato como contraposición á denominada «arte dexenerada». Apareceu como «modelo ario a seguir» en Der ewige Jude (O Xudeu Eterno), de Fritz Hippler, un filme antisemita de propaganda do nazismo. Foi tamén un obxecto de culto das SS na propaganda da II Guerra Mundial.[1]
A estatua posibelmente inspirou a personaxe da Raíña Malvada no filme animado de Disney Snow White and the Seven Dwarfs (1937).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ullrich, Wolfgang (23 de febreiro de 2011). "Uta, das Ewige Deutschland". Zeit Online (en alemán). Consultado o 2 de xuño de 2025.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Helmut Assing: Die frühen Askanier und ihre Frauen. Kulturstiftung Bernburg 2002, p. 6
- Michael Imhof and Holger Kunde, Uta von Naumburg, Michael Imhof Verlag, Petersberg, 2011
- Andreas Thiele: Erzählende genealogische Stammtafeln zur europäischen Geschichte Band I. Volume 1, R. G. Fischer Verlag, Frankfurt/Main 1993, Plate 217
- Hermann Wäschke: Geschichte Anhalts von den Anfängen bis zum Ausgang des Mittelalters. Otto Schulze Verlag, Cöthen 1912, p. 67–69