Usuario:Piquito/Portal:Eurovisión/Artigo destacado/1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ABBA (estilizado ᗅᗺᗷᗅ®) foi un grupo sueco de música pop, integrado por Benny Andersson, Anni-Frid «Frida» Lyngstad, Björn Ulvaeus e Agnetha Fältskog. O nome «ABBA» é un acrónimo formado polas primeiras letras do nome de cada membro (Agnetha, Björn, Benny, Anni-Frid). O cuarteto formouse en Estocolmo en 1972, pero só lograron fama internacional ao triunfar no Festival de Eurovisión 1974. Desde entón, ABBA gañou popularidade empregando melodías pegadizas, letras simples e o seu son propio, caracterizado polas harmonías das voces femininas e o wall of sound, un efecto musical creado polo produtor Phil Spector. Björn e Agnetha contraeron matrimonio meses antes da formación do cuarteto, mentres que Benny e Frida fixérono en 1978; os catro cumprían coas súas obrigacións artísticas ao tempo que se ocupaban das súas novas familias. As súas gravacións tiveron un impacto comercial que os levou a converterse nos artistas de maior éxito da súa compañía discográfica —Universal Music Group— e a ser a banda con máis vendas nos anos 1970.