Usuario:Nerea Lorenzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jesé Rodríguez coa Selección Española.


Jesé Rodríguez[editar | editar a fonte]

Jesé Rodríguez Ruiz nado nas Palmas de Gran Canaria (España), o 26 de febreiro de 1993.

É un xogador profesional de fútbol que xoga cedido no Real Betis Balompié da Liga Santander de España.

Os seus inicios como xogador iniciáronse na canteira do Real Madrid dende a categoría infantil até o seu equipo filial, con este último disputou dúas temporadas (2011/13). O seu debut có primeiro equipo nun partido oficial chegaría o 13 de decembro de 2011 con tan só 18 anos. Polo que na temporada seguinte (2013/14) pasaría a formar parte da escuadra do primeiro equipo do club. No verán de 2016, Jesé é traspasado ó París Saint-Germain por unha cantidades de 25 millóns de euros. Entre xaneiro e xunio do 2017, o xogador foi cedido polo club francés á U.D. Las Palmas.

Como futbolista internacional español, recaeu en todas as categorías base da Selección Española, nesta disputou un total de 36 partidos e anotou 16 goles. Tamén logrou o segundo posto no campionato europeo sub-17 no 2010 e proclamouse campión de Europa sub-19 no 2012.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Categorías inferiores[editar | editar a fonte]

Jesé deu os seus primeiros pasos futbolísticos na súa cidade natal, nunha academia de Veteranos do Pilar Club de Fútbol e na Asociación Deportiva Huracán, antes de iniciar o seu camiño nas categorías base do Real Madrid Club de Fútbol. Ingresou no club blanco no ano 2007 con 14 anos, progresando en liña ascendente até chegar ó primeiro equipo xuvenil.

Na temporada comprendida entre o ano 2010/11, Jesé, anotou 18 goles, que lle valeu para ascender de forma directa ó Real Madrid Castilla Club de Fútbol, primer filial do club, consagrándose como unha das grandes promesas da canteira branca.

Real Madrid Castilla Club de Fútbol[editar | editar a fonte]

Jesé anotou o seu primeiro gol oficial no Castilla o 2 de outubro de 2011 contra la Roda C.F., a pase de Álvaro Morata, converténdose nunha peza clave do equipo que remataría en terceira posición e se clasificaría para xogar o ascenso a Segunda División despois de 4 anos en 2ºB, sen lograr o cometido.

A temporada seguinte, logrou o ascenso a Segunda División despois de 5 anos, tras vencer por unha goleada ó Cádiz C.F.

Na temporada 2012/13 debutou na Segunda División, rematando con 22 tantos. Así, converteuse no máximo goleador da historia do filial blanco, anotando un gol máis que Emilio Butragueño na campaña 1983/84.

Real Madrid C.F.[editar | editar a fonte]

No verán do 2011, o xogador realizou a pretemporada co primeiro equipo, asistindo á xira americana e xogando contra Los Ángeles Galaxy. O debut en partido oficial tivo lugar con José Mourinho de adestrador en decembro dese mesmo ano, na Copa do Rei ante a Sociedade Deportiva Ponferradina en Ponferrada.

O 24 de marzo de 2012 debutou na Liga, xogando os últimos dez minutos fronte a Real Sociedad.

En xulio de 2013, Jesé renovou co primeiro equipo por catro temporadas. Nesta mesma tempada,debutou na Liga de Campións.

O primeiro gol oficial co Real Madrid, foi o 26 de outubro de 2013 no Camp Nou fronte ó Fútbol Club Barcelona. Facendo gañar ó seu equipo por 1-2.

O 18 de marzo de 2014, sufriu no inicio dun partido de Champións unha rotura completa de ligamento cruzado anterior do seu xeonllo dereito que o apartou dos terreos de xogo durante 8 meses. O seu regreso foi o 2 de decembro na Copa do Rei fronte á Unió Esportiva Córnellà, anotando un dos cinco goles.

Máis tarde, Jesé recaeu no París Saint-Germain e deste saíu cedido á U.D. Las Palmas, despois ó Stoke City e actualmente, milita no Real Betis Balompié.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais:[editar | editar a fonte]

TÍTULO CLUB PAÍS ANO
Segunda División “B” Real Madrid Castilla España 2012
Copa de Campión de Segunda B Real Madrid Castilla España 2012
Liga de España Real Madrid C.F. España 2012
Supercopa de España Real Madrid C.F. España 2012
Copa do Rei Real Madrid C.F. España 2014
Copa da Liga de Francia Paris Saint-Germain Francia 2017
Supercopa de Francia Paris Saint-Germain Francia 2017
Supercopa de Francia Paris Saint-Germain Francia 2018

Campionatos internacionais:[editar | editar a fonte]

TÍTULO SELECCIÓN SEDE ANO
Europeo Sub-19 España (sub-19) Estonia 2012
TÍTULO CLUB SEDE ANO
Liga de Campións Real Madrid C.F. Lisboa 2014
Supercopa de Europa Real Madrid C.F. Cardiff 2014
Copa Mundial de Clubs Real Madrid C.F. Marruecos 2014
Liga de Campións Real Madrid C.F. Milán 2016

Premios individuais:[editar | editar a fonte]

DISTINCIÓN ANOS
Once de Bronce de Fútbol Draft 2011,2012,2013
Once de Ouro de Fútbol Draft 2014
Bota de Ouro da Eurocopa Sub-19 2012
2º máximo goleador de Segunda Divisón 2013
Trofeo Zarra de Segunda División 2013
Mellor xogador do partido USA-ESP Mundial Sub-20 2013
Mellor xogador do partido ESP-GHA Mundial Sub-20 2013
Mellor xogador do partido ESP-FRA Mundial Sub-20 2013
Bota de Bronce da Copa Mundial de Fútbol Sub-20 2013