Usuario:Lameiro/Vacas na mitoloxía grega
Aparencia
A presenza de vacas e bois na mitoloxía grega:
- Vacas de Auxías: un dos traballos de Heracles foi limpar as cortes do rei Auxías (Apolodoro, II, 5, 5
- Vacas de Xerión: outro dos traballos foi roubar as vacas vermellas de Xerión (Apolodoro, II, 5, 10)
- Para que Eetes lle dera a Jasón o vélaro de ouro tiña que xunguir dous touros de pezuños de bronce, dous touros salvaxes regalados por Hefesto, de gran tamaño, con cascos de bronce e que botaban lume polas fauces. Unha vez xunguidos, debían sementar os dentes do dragón que recibira de Atenea (a metade dos que Cadmo sementara en Tebas) (Apolodoro, I, 9, 23)
- Os argonautas chegaron por fin a Iolco (Apolodoro, I, 9, 26). Pelias decidirá matar a Esón pero este pediu darse norte a si mesmo e así morreu durante o sacrificio, ó beber o sangue do touro [na Antigüidade críase que o sangue de touro era velenoso. Plutarco conta que así morreu Temístocles (nota 119, px. 89)]. A nai de Jasón, tras maldicir a Esón, enforcouse, e Pelias matou ó meniño que deixaba, Prómaco (Apolodoro, I, 9, 27)
- Preto [fillo de Abante] tivo tres fillas con Estenebea: Lisipe, Ifínoe e Ifianasa. Estas volvéronse tolas por non aceptar os ritos de Dioniso, segundo Hesíodo, ou por desprezar unha imaxe de madeira de Hera, segundo Acusilao. Créndose vacas percorrían toda a rexión argiva e chegaron a lugares desérticos. Entón, Melampo, fillo de Amitaón e de Idómene (filla de Abante), adiviño e capaz de sandar con apócemas, prometeu curalas a cambio dun terzo do reino. Preto negouse e as fillas louquearon aínda máis e con elas as outras mulleres, que mataron seus propios fillos e abandonaron os fogares para dirixirse ó deserto. Preto aceptou o prezo pero agora Melampo esixiu outro terzo máis para o seu irmán Biante, e Preto tivo que aceptar. Entón, Melampo levou ós mozos máis fortes e persigueunas con berros e danzas ata Sición, onde recuperaron a razón e foron purificadas, aínda que a filla maior, Ifínoe, morreu durante a persecución (Apolodoro, II, 2, 2). A loucura das fillas convertidas en vacas só figura a partir de Virxilio (Bucólicas VI, 48-51). Noutros textos di que foi Hera quen as converteu en vacas. Outros autores din que a loucura afectaba a tódalas mulleres argivas (nota 24, px. 98)
- Argos e Ismene, filla de Asopo, tiveron a Yaso, do que din que naceu Ío. Zeus seducíu a Ío, sacerdotisa de Hera, e cando Hera o descubriu, Zeus converteuna en vaca branca [segundo Esquilo, foi Hera quen a converteu en vaca para evitar que se unise a Zeus, pero este se converteu en touro [Ovidio Met I, 611, nota 6, px. 93)], xurando que nunca mantiveran relación (por iso di Hesíodo que os xuramentos por amor non acarrean a cólera dos deuses). Pero Hera pediulle a Zeus a vaca e púxoa baixo a vixilancia de Argos Panoptes. Argos atouna a unha oliveira nun bosque de Micenas, e Zeus ordenoulle a Hermes que roubara a vaca, pero foi denunciado por Hiérax, ante o que Hermes matou dunha pedrada a Argos (de aí o epíteto de Argifontes ['o que dá morte a Argos']. Pero Ovidio, Met I, 688-723, dá outra versión: Hermes adormeceu a Argos coa súa frauta e logo degolouno. Hera, en agradecemento, colocou os seus ollos na cola do pavón, animal consagrado á deusa (nota 7, px. 93)]. Hera mandou un tabán contra a vaca, [Ovidio Met I, 725-727 di que o que enviou foi unha Erinia (nota 8, px.93)] que pegou a fuxir ó que sería coñecido como golfo Xónico e chegou o chamado estreito Tracio, logo chamado pola súa causa, Bósforo [‘Boos-póron’, paso da vaca (nota 9, px. 93)]. Logo seguiu camiñando e atravesou a nado o mar, para chegar a Exipto, onde recobrou a súa forma humana. Alí deu a luz xunto ó Nilo ó seu fillo Épafo (Apolodoro, II, 1, 3)
- Écbaso tivo a Agénor, e este a Argos, chamado Argos Panoptes [‘que o ve todo’, ver Esquilo, Ovidio e Higino. Outras versións din que tiña un só ollo, ou catro: dous miraban cara adiante e dous cara atrás (nota 4, px. 92)], pois tiña ollos en todo o corpo e unha forza enorme. Matou un touro que asolaba Arcadia e vestiuse coa súa pel (Apolodoro, II, 1, 2)
- Hermes, aínda no berce, rouboulle as vacas que pastoreaba Apolo. Para que non se puidesen seguir as pegadas púxolles zapatos nas patas. Sacrificou dúas e fixo unhas cordas coas tripas, que logo utilizou para fabricar unha lira. Cando veu Apolo reclamando as súas vacas, Hermes terminou devolvéndoas, pero Apolo escoitou a lira e cambioulle as vacas por ela (Apolodoro III, 10, 2)
- Apolo matou os Ciclopes, como vinganza de que Zeus matara ó seu fillo, Asclepio. Zeus castigouno a estar durante un ano ó servizo dun mortal e el elixiu a Admeto como amo, pois tiña fama de xusto. Mentres estivo ó seu servizo, tódalas vacas parían a dous becerros en agradecemento ó bo trato recibido (Apolodoro III, 10, 4) [glwiki: Admeto]
- Cástor e Pólux, xunto a Idas e Linceo, roubaron unhas vacas en Arcadia. Para repartir o botín, Idas parteu unha vaca en catro partes e dixo que a metade do botín sería para o que comese a súa parte en primeiro lugar, e o resto para o que quedara en segundo lugar. Idas comeu axiña a súa parte e logo axudou ó seu irmán Linceo a acabar a súa parte (Apolodoro III, 11, 2) (Graves, 272-273)
- Ilo foi a Frixia e ganou un certame de loita organizado polo rei. Como premio recibiu 50 mozos e 50 mozas, e a posibilidade de fundar unha cidade alí onde se pousara unha vaca moteada (como lle dixera o orácule o coo ó rei), e así fundou Ilión (Apolodoro III, 12, 3)
- A raíña Dido, de Cartago, conseguiu permiso dos nativos do lugar para asentarse sobre o terreo que puidese cubrir unha pel de boi. O que fixo Dido foi cortar a pel en finísimas tiras que foi atando unha a outra ata conseguir unha longa corda que lle permitiu delimitar un amplo territorio para levantar a súa cidade. E os nativos tiveron que cumprir a súa promesa. A mesma lenda trata de explicar a fundación da cidade de Vilafranca.
- O heroe Aiax Telamonio protexíase cun escudo grande como unha torre, feito polo curtidor Tiquio con sete capas de coiro de sete bois ben cebados e sobre elas unha oitaba de bronce (Ilíada VII, 219-226).